From Wikipedia, the free encyclopedia
Jacques Lucien Jean Delors, nado o 20 de xullo de 1925 en París, e finado tamén na mesma cidade o 27 de decembro de 2023, foi un político francés que presidiu a Comisión Europea durante unha década a finais do século XX.
(1993) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Jacques Lucien Jean Delors 20 de xullo de 1925 XIV Distrito de París, Francia |
Morte | 27 de decembro de 2023 (98 anos) 5.º arrondissement de Paris, Francia (pt) |
Lugar de sepultura | Q110359740 |
8º Presidente da Comisión Europea | |
7 de xaneiro de 1985 – 24 de xaneiro de 1995 ← Gaston Thorn – Jacques Santer (pt) → | |
Ministro da Economia, Finanças e Indústria (pt) | |
22 de marzo de 1983 – 17 de xullo de 1984 ← Jacques Delors – Pierre Eugène Bérégovoy (pt) → Gabinete ministerial: Pierre Mauroy III cabinet (en) | |
Mayor of Clichy (en) | |
1983 – 1984 ← Gaston Roche (en) – Gilles Catoire (pt) → | |
Ministro da Economia, Finanças e Indústria (pt) | |
22 de xuño de 1981 – 22 de marzo de 1983 ← Jacques Delors – Jacques Delors → Gabinete ministerial: Pierre Mauroy II cabinet (en) | |
Ministro da Economia, Finanças e Indústria (pt) | |
21 de maio de 1981 – 22 de xuño de 1981 ← René Monory – Jacques Delors → Gabinete ministerial: Mauroy cabinet (en) | |
Eurodeputado | |
Representa: Partido Socialista 17 de xullo de 1979 – 16 de xuño de 1981 Lexislatura: I lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: France (en) Electo en: eleccións ao Parlamento Europeo de 1979 | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Roger Jacques |
País de nacionalidade | Francia |
Relixión | Católico romano |
Educación | Paris Faculty of Law and Economics (en) Q3268594 Lycée Voltaire |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas |
Ocupación | economista , banqueiro , oficial , sindicalista , político , alcalde |
Empregador | Université Paris-Dauphine (pt) |
Partido político | Partido Socialista |
Membro de | |
Lingua | Lingua francesa |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Fillos | Martine Aubry, Jean-Paul Delors (pt) |
Pais | Louis Delors (pt) e Jeanne Joséphine Rigal (pt) |
Premios
| |
|
Delors naceu en París. Estudou na Universidade de París. De orixes humildes, Delors foi funcionario do Banco de Francia en 1945, após a fin da Segunda guerra mundial.
En 1941, casou con Marie Lephaille; xuntos tiveron unha filla, Martine Aubry (nada en 1950), tamén política, que foi alcaldesa de Lille e primeira secretaria do Partido Socialista.[1] Declinou participar nas eleccións xerais francesas.
Foi o oitavo presidente da Comisión Europea de 1985 a 1995.
Foi ministro de Facenda de 1981 a 1984. Foi deputado no Parlamento Europeo de 1979 a 1981.[2]
En 1989 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional.
En 1995 foi o 1º galardoado do Premio Europeo Carlos V da Fundación Academia Europea de Yuste.
Entre 1993 e 1996 a UNESCO encargou a Delors un estudo sobre a perspectiva da educación no mundo de cara ao século XXI. Este informe titulouse A educación encerra un tesouro.[3]
En 1998 recibiu da Generalitat de Cataluña o Premio Internacional Cataluña.
En 1999 foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade do Porto (tamén o foi pola Universidade de Salamanca, Louvain, e outras).
En 2015, Donald Tusk anunciou que Delors se convertería na terceira persoa en ter o título de Cidadán de Honra de Europa "pola súa notable contribución ao desenvolvemento do proxecto europeo".[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.