político haitiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Jean-Claude Duvalier, nado en Port-au-Prince o 3 de xuño de 1951 e finado na mesma cidade o 4 de outubro de 2014,[1] foi un ditador de Haití de 1971 a 1986 coñecido como Baby Doc. Sucedeu o seu pai, François Duvalier, no posto de presidente da república, sendo o xefe de estado máis novo da historia contemporánea, xa que asumiu o poder con tan só dezanove anos.
(2011) | |
Nome orixinal | (fr) Jean-Claude Duvalier (ht) Jan Klod Divalye |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 3 de xullo de 1951 Porto Príncipe, Haití |
Morte | 4 de outubro de 2014 (63 anos) Porto Príncipe, Haití |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Presidente do Haiti (pt) | |
22 de abril de 1971 – 7 de febreiro de 1986 ← François Duvalier (pt) – Henri Namphy (pt) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Haití |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade do Estado do Haiti (pt) Institution Saint-Louis de Gonzague (en) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | National Unity Party (en) |
Lingua | Lingua francesa |
Familia | |
Cónxuxe | Michèle Bennett (1980–1990) |
Pais | François Duvalier (pt) e Simone Duvalier |
Duvalier naceu en Porto-au-Prince e foi creado nun ambiente illado. Na infancia e adolescencia asistiu ás institucións de ensino Nouveau College Bird e Saint-Louis de Gonzague. Máis tarde, estudou Dereito na Universidade do Estado do Haití, baixo a dirección de varios profesores, incluído Maître Gérard Gourgue.
Único fillo varón de François Duvalier ("Papa Doc") e Simone Ovide ("Mama Doc"), antiga enfermeira, Jean-Claude tiña tres irmás: Marie Denise, Nicole e Simone.
En 1957, o seu pai, François Duvalier, asumiu a presidencia e implantou un réxime de terror que durou ata a súa morte, en 1971.[2] O terrorismo político continuou baixo o dominio de Baby Doc, que aos 19 anos o sucedeu en réxime vitalicio, nunha época en que decenas de miles de haitianos foron torturados e mortos, segundo os grupos a prol dos dereitos humanos.[3] Ese terror era espallado pola súa milicia particular, un exército de soldados crueis denominados tonton-macoutes.
No goberno de Baby Doc a taxa de analfabetismo subiu a índices aínda máis grotescos e a esperanza de vida decaeu vertixinosamente, o que, xunto coa epidemia de SIDA e a fame que se estendía a través de todo o país, mergullou o país no caos social, forzando decenas de miles de haitianos á migración aos Estados Unidos en arriscadas barcazas abarrotadas.[3][2]
Xa na década de 1980, coa crise económica e o empobrecimento da poboación, o réxime de terror perdeu forza, ata que unha insurrección acabou co seu goberno o 7 de febreiro de 1986, a raíz da retirada do apoio militar e económico dos Estados Unidos e do golpe militar do xefe do exército, Henri Namphy.[4] Baby Doc fuxiu ao exilio en Francia.[2] Durante a súa estadía fóra do país constatouse o abismo entre o fausto da súa mudanza (que incluía cargamentos de maletas Louis Vuitton e millóns de dólares nas súas contas en bancos suízos) e a miseria reinante en Port-au-Prince.[3]
Entre 1986 e 1990, Haití intentou estabilizar a súa situación política, mais unha sucesión de golpes militares impediu calquera organización.
O 16 de xaneiro de 2011 Baby Doc retornou a Haití alegando que o seu regreso buscaba "axudar o pobo" tralo terremoto de 2010 e poucos días despois foi acusado de varios delitos, entre eles, detención ilegal e tortura dos seus opositores, corrupción ou apropriación de diñeiro público.[5] Porén, non tivo lugar ningún xuízo. O expresidente só compareceu perante a xustiza en febreiro de 2013, cando se presentou no Tribunal de Recurso de Port-au-Prince.[6] En febreiro de 2014, a xustiza haitiana ordenou unha nova investigación sobre crimes contra a humanidade "imprescritíbeis" que se lle atribuían.[7]
A súa voda con Michèle Bennett en 1980 foi pagada polo estado haitiano e pénsase que custou aos cofres públicos cinco millóns de dólares, mentres a poboación vivía na miseria, no que foi considerado o país máis pobre do hemisferio occidental.[2] En 1990 Duvalier e Bennett divorciáronse na República Dominicana. A maior parte da fortuna de Duvalier deixoulla a Bennett despois do divorcio. Ese mesmo ano coñeceu a Veronique Roy, neta de Paul Eugène Magloire.
O día 4 de outubro de 2014, Baby Doc morreu por mor dun ataque cardíaco, en Porto-au-Prince.[8][3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.