aeroliña india From Wikipedia, the free encyclopedia
Jet Airways é un gran aeroliña india baseada en Bombai. En marzo de 2018 foi a segunda maior aeroliña da India despois de IndiGo cun 15% do mercado de pasaxeiros.[1] A compañía opera ao redor de 300 voos diarios a 66 destinos de todo o mundo dende o seu centro de conexión principal no aeroporto Chhatrapati Shivaji e os secundarios nos aeroportos de Ámsterdam-Schiphol, Chennai, Indira Gandhi, Kempegowda e Netaji Subhas Chandra Bose.
Jet Airways | ||
---|---|---|
IATA 9W | OACI JAI | Indicativo JET AIRWAYS |
Fundación | 1 de abril de 1992 | |
Inicio das operacións | 5 de maio de 1993 | |
Frota | 119 | |
Destinos | 66 | |
Holding | Tailwinds Private Limited | |
Eslogan da compañía | The Joy of Flying | |
Sede | Bombai | |
Páxina web: https://www.jetairways.com |
Creada en abril de 1992, a aeroliña comezou a operar como operador de taxi aéreo o 5 de maio de 1993. Comezou as súas operacións completas no ano 1995, e en 2004 comezou a realizar voos internacionais. A aeroliña fíxose pública en 2005 e en 2007 mercou Air Sahara. No ano 2010 converteuse na aeroliña con miaor porcentaxe no mercado indio, posición que mantivo ata o ano 2012.
Jet Airways constituíuse como unha sociedade de responsabilidade limitada o 1 de abril de 1992.[2] Iniciou as súas actividades como un operador de taxi aéreo o 5 de maio de 1993 cunha frota de catro avións Boeing 737-300 alugados.[2] O 14 de xaneiro de 1994 concedéuselle o status de aeroliña regular.[2] O 12 de maio de 1994 todas as accións foron transferidas a Tailwinds International, cuxo capital estaba en mans de Naresh Goyal (60%), Gulf Air (20%) e Kuwait Airways (20%). En outubro de 1997, segundo a directiva do Ministerio de Aviación Civil que prohibe investimento estranxeiro en aeroliñas de pasaxeiros, Goyal fíxose co control da totalidade da compañía.[2] A aeroliña lanzou o seu primeiro voo internacional en marzo de 2004 dende Chennai a Colombo.[3] Jet Airways comezou a cotizar na bolsa de Bombai e comverteuse nunha compañía pública o 28 de decembro de 2004, con Goyal mantendo o 51% das accións.[2][4]
En xaneiro de 2006 Jet Airways anunciou a súa intención de mercar Air Sahara por 500 millóns de dólares; porén, o acordo fracasou en xuño dese ano.[5] O 12 de abril de 2007 Jet Airways acordou pagar 220 millóns máis para continuar co acordo.[6] O 16 de abril Air Sahara foi rebautizada como JetLite e comercializada no mercado entre as aeroliñas de baixo custo e as de servizos plenos. JetLite converteuse nunha subsidiaria de propiedade total de Jet Airways.[7] En agosto de 2008 Jet Airways anunciou os seus plans para integrar JetLite en Jet Airways.[8] No mes de outubro dese ano Jet Airways despediu a 1 900 dos seus empregados, que posteriormente foron readmitidos debido á intervención do Ministerio de Aviación Civil.[9][10] Ese mesmo mes a compañía iniciou unha alianza co seu rival Kingfisher Airlines para compartir código en voos domésticos e internacionais, para colaborar no programa de viaxeiro frecuente e compartir tripulacións e equipos de asistencia en terra.[11] O 8 de maio de 2009 Jet Airways lanzou outra marca de baixo custo, Jet Konnect.[12] A nova aeroliña operaba unha frota de avións Boeing 737 Next Generation e ATR 72 nas rutas rendibles de curto alcance con maiores factores de carga de pasaxeiros.[13]
No terceiro cuarto de 2010 Jet Airways converteuse na aeroliña máis grande da India cunha participación no mercado de pasaxeiros do 22,6%. En xulo de 2012 a compañía solicitou oficialmente ao goberno a aprobación para unirse a Star Alliance.[14] En abril do ano 2018 Jet Airways aínda non era un membro de Star Alliance.[15] En xuño de 2011 converteuse na primeira aeroliña doméstica da India en prohibir produtos cárnicos e líquidos na equipaxe facturada.[16] Jet Airways fusionou a marca JetLite dentro de Jet Konnect o 25 de marzo de 2012 e comezou a ofrecer clase business tras a desaparición de Kingfisher Airlines.[17][18][19] No ano 2013 Etihad Airways planeou mercar unha participación na aeroliña tras o anuncio por parte do goberno de que compañías estranxeiras poderían facerse con ata o 49% de aeroliñas indias. O 24 de abril Jet anunciou que estaba lista para vender o 24% das súas accións a Etihad por 379 millóns de dólares.[20] O acordo completouse o 12 de novembro de 2013.[21]
En 2013 a compañía baixou os prezos e entrou nunha batalla de tarifas coas aeroliñas de baixo custo IndiGo e SpiceJet debido á baixada de demanda de pasaxeiros.[22][23][24] No mes de febreiro o valor de mercado da aeroliña diminuíu en 74 millóns de dólares debido á caída do prezo das súas accións.[25] Jet Airways obtivo beneficios no terceiro cuarto do ano financeiro 2013-14, despois de rexistrar perdas no ano anterior.[26] O 11 de agosto de 2014 Jet Airways anunciou que eliminaría Jet Konnect cara finais dese ano como parte dos seus plans para reposicionar a empresa como un operador uniforme de servizos plenos.[27] O 1 de decembro Jet Konnect fusionouse completamente con Jet Airways, converténdose na terceira aeroliña de servizos plenos da India tras Air India e Vistara.[28] En decembro de 2015 Jet Airways anunciou o peche do seu centro de conexións no aeroporto de Bruxelas en marzo de 2016 e a apertura dun novo no aeroporto de Ámsterdam-Schiphol o 27 de marzo dese ano.[29]
Jet Airways opera unha frota mixta de avións ATR-72, Boeing 737NG, Boeing 777 e Airbus A330. En marzo de 2018 a frota de Jet Airways estaba formada polos seguintes avións:[30]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
F | J | Y | Total | ||||
Airbus A330-200 | 5 | — | — | 18 | 236 | 254 | 3 alugados a Turkish Airlines[31] |
Airbus A330-300 | 4 | — | — | 34 | 259 | 293 | |
ATR 72-500 | 15 | — | — | — | 66 | 66 | |
ATR 72-600 | 3 | — | — | — | 72 | 72 | |
Boeing 737-700 | 5 | — | — | 8 | 126 | 134 | |
Boeing 737-800 | 71 | — | — | 12 | 156 | 168 | |
Boeing 737-900 | 2 | — | — | 28 | 138 | 166 | |
Boeing 737-900ER | 4 | — | — | 12 | 172 | 184 | |
Boeing 737 MAX | — | 154 | TBA | Entregas dende xuño de 2018[32] | |||
Boeing 777-300ER | 10 | — | 8 | 30 | 308 | 346 | |
Boeing 787-9 | — | 10 | TBA | ||||
Total | 119 | 164 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.