crítico de arte, pintor e escritor inglés From Wikipedia, the free encyclopedia
John Peter Berger, nado en Londres o 5 de novembro de 1926 e finado en París o 2 de xaneiro de 2017,[1] foi un crítico de arte, pintor e escritor inglés.
John Berger en Estrasburgo, 2009. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) John Peter Berger 5 de novembro de 1926 Hackney, Londres, Reino Unido |
Morte | 2 de xaneiro de 2017 (90 anos) París, Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | Chelsea College of Art and Design (en) Central School of Art & Design (pt) St Edward's School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional, crítica de arte (pt) , estudo da historia da arte e artes visuais |
Ocupación | guionista , poeta , crítico , xornalista de opinión , crítico de arte , xornalista , pintor , novelista , historiador da arte , escritor |
Período de actividade | 1948 - 2005 |
Empregador | St Mary's University, Twickenham (en) |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Británico |
Conflito | Segunda guerra mundial |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Fillos | Jacob Berger (pt) |
Premios | |
James Tait Black Memorial Prize Premio Man Booker | |
Páxina web | johnberger.org → |
Lista
|
Naceu en Hackney, Londres, en 1926. Á idade de 6 anos foi enviado a un internado, polo que estaba lonxe dos seus pais uns dez meses ao ano, experiencia que Berger considerou monstruosa.[2]
Aos 16 anos, deixou o St. Edward’s School de Oxford decidido a estudar arte. Obtivo unha bolsa para estudar na Central School of Art de Londres, aínda que poucos anos despois enrolaríase no exército británico, onde serviu entre 1944 e 1946. Finalizada a guerra, retoma os seus estudos na Chelsea School of Art con outra bolsa, esta vez concedida polo exército.
Aos trinta anos, decidiu deixar de pintar para adicarse completamente á escritura, non porque, dubidara do seu talento como pintor, senón porque a urxencia da situación política na que vivía (en plena guerra fría) parecía requirir del que se puxera a escribir. En 1958, publicou a súa primeira novela, A Painter of Our Time.
Entre as súas obras máis coñecidas están G., gañadora do prestixioso Booker Prize en 1972 e o ensaio de introdución á crítica de arte, Modos de ver.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.