político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Antonio Orza Fernández, nado en Codeso (Boqueixón) en 1941 e finado na Coruña o 29 de outubro de 2012, foi un profesor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1941 Boqueixón, España |
Morte | 29 de outubro de 2012 (70/71 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, entre 1967 e 1969 foi profesor axudante de clases prácticas na Cátedra de Economía e Facenda da Facultade de Dereito. Foi funcionario do Corpo Superior de Inspectores de Finanzas do Estado desde 1971. En 1982 foi nomeado director xeral de Tributos e Política Financeira na Consellería de Facenda. Foi Conselleiro de Economía e Facenda entre 1985 e 1986 e de novo entre 1989 e 2005. Foi deputado no Parlamento de Galicia polo PPdeG (1997-2001). Foi membro do Consello de Contas a proposta do PPdeG dende 2009[1] ata o seu falecemento.
Predecesor: Ángel Mario Carreño |
Conselleiro de Economía e Facenda 1985-1986 |
Sucesor: Carlos Otero Díaz |
Predecesor: Fernando Salgado García |
Conselleiro de Economía e Facenda 1989-2005 |
Sucesor: Xosé Ramón Fernández Antonio |
Faleceu como consecuencia dun cancro de colon[2]. Foi soterrado no camposanto parroquial de Codeso.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.