José Rodríguez Mourelo, nado en Lugo o 24 de febreiro de 1857 (aínda que segundo outras fontes, naceu o 21 de novembro)[1] e finado en Madrid o 21 de novembro de 1932,[2] foi un químico galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Infotaula de personaJosé Rodríguez Mourelo
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1857 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de novembro de 1932 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
25 de xaneiro de 1930 – 15 de febreiro de 1930
Membro da Asemblea Nacional Consultiva
25 de xaneiro de 1930 – 15 de febreiro de 1930 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímico , político Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAntonio Rodríguez Pérez Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 11593 BNE: XX1169928 Dialnet: 2191923
Pechar

Traxectoria

Fillo de Antonio Rodríguez Pérez, alcalde de Lugo. Estudou nas Universidades de Santiago, onde foi alumno de Antonio Casares,[2] e Madrid, ampliou estudos en Xenebra e París. Foi profesor de Química no, chamado daquela, Instituto Masculino de Lugo -hoxe IES Lucus Augusti- durante os cursos 1876-1878 e, posteriormente, en 1900, conseguiu a praza de profesor de Química Industrial e Orgánica na Escola Central de Artes e Industrias de Madrid.[3] Foi conselleiro de Instrución Pública e de Agricultura.[4][3] Tamén foi profesor da Institución Libre de Enseñanza.[3]

Formou parte do Comité Inter­nacional para a publicación das Táboas Físico-Químicas e pertenceu a diversas cor­poracións científicas nacionais e estranxei­ras, Colaborou en perió­dicos e revistas como Revista Europea, Revista de España, Revista contemporánea (1897-), La Ilustración española (1897-)... con artigos científicos.

Foi nomeado individuo de número da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais[4] en 1902, chegando a ser presidente da Sección de Física e Química.[1] Foi tamén membro de distintas sociedades como a Real Sociedade de Física e Historia Natural de Xenebra ou a Comisión Internacional das Táboas Físico-Químicas.[3]

Entre as súas obras publicadas destacaron os traballos sobre a radioactividade, a materia radiante e a radiofonía.

Tamén foi bibliotecario do Ateneo de Madrid.[4]

Casou coa escritora Francisca González Garrido, Fanny Garrido, viúva de Marcial del Adalid.[5]

Obras

Recoñecementos

En 1908, foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra de Francia.[3]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.