futbolista británico From Wikipedia, the free encyclopedia
Jude Victor William Bellingham, nado en Stourbridge, Inglaterra, Reino Unido, o 29 de xuño de 2003, máis coñecido como Jude Bellingham, é un futbolista británico que xoga de centrocampista no Real Madrid, da Primeira División de España.
(2024) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Jude Victor William Bellingham 29 de xuño de 2003 (21 anos) Stourbridge, Reino Unido | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Reino Unido | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Loughborough College (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 186 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Campo de traballo | Fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2019 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Inglés británico e lingua inglesa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Inglaterra | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Football League (pt) , Fußball-Bundesliga e Primeira División Española | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2024 | Eurocopa de Fútbol de 2024 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2022 | Mundial de Fútbol Qatar 2022 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2021 | Eurocopa de Fútbol Europa 2020 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Mark Bellingham (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Jobe Bellingham (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Con 8 anos uniuse ás categorías inferiores do Birmingham City F. C. e cumpridos os 16, realizou a pretemporada co primeiro equipo.[1][2] O 6 de agosto de 2019, tras debutar no partido que perderon 3-0 ante o Portsmouth F. C. na primeira rolda da Copa da liga, converteuse no xogador máis novo en disputar un partido oficial na historia do club con 16 anos e 38 días, superando en 101 días a marca que tiña Trevor Francis desde 1970. 25 días despois, tras anotar o gol da vitoria ante o Stoke City F. C., tamén se converteu no goleador máis precoz na historia da entidade.[1][3]
No período de traspasos de xaneiro de 2020, foi relacionado con varios equipos que xogaban na Premier League.[4] Finalmente, o 20 de xullo fíxose oficial o seu traspaso ao Borussia Dortmund, incorporándose ao equipo alemán tras o último partido da tempada.[5] En Alemaña seguiría levando o dorsal 22, número que o conxunto de Birmingham decidiu retirar tras a súa marcha.[5][6]
O 14 de setembro, no seu debut co Borussia Dortmund, anotou un dos goles do triunfo ante o M. S. V. Duisburgo na primeira rolda da Copa de Alemaña, converténdose deste xeito no goleador máis novo na historia do club alemán.[7] O 20 de outubro debutou na liga de Campións da UEFA e converteuse no inglés máis novo, con 17 anos e 113 días, en saír de titular nun encontro nesta competición superando a marca que ostentaba Phil Foden.[8]
Foi internacional con Inglaterra nas categorías sub-16 e sub-17.[9][10]
O 4 de setembro de 2020 converteuse no xogador máis novo en xogar coa selección sub-21. Fíxoo no partido de clasificación para o Europeo da categoría ante Kosovo e, ademais, anotou o definitivo 0-6.[11]
Dous meses despois de estrearse coa sub-21 foi convocado por primeira vez coa absoluta tras as baixas dalgúns xogadores por lesión.[12] Debutou o 12 de novembro nun amigable ante Irlanda que gañaron por 3-0, converténdose, con 17 anos e 137 días, no terceiro xogador máis novo en xogar co equipo principal de Inglaterra.[13]
Club | País | Ano |
---|---|---|
Birmingham City F. C. | Inglaterra | 2019-2020 |
Borussia Dortmund | Alemaña | 2020-actualidade |
Club | Tempada | Liga | Copas Nacionais | Copas da Liga | Europa | Outras | Total | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
División | Aparicións | Goles | Aparicións | Goles | Aparicións | Goles | Aparicións | Goles | Aparicións | Goles | Aparicións | Goles | ||
Birmingham City | 2019–20 | Championship | 41 | 4 | 2 | 0 | 1 | 0 | — | — | 44 | 4 | ||
Borussia Dortmund | 2020–21[14] | Bundesliga | 16 | 0 | 3 | 1 | — | 6 | 0 | 1 | 0 | 26 | 1 | |
Total | 57 | 4 | 5 | 1 | 1 | 0 | 6 | 0 | 1 | 0 | 70 | 5 |
Selección | Ano | Aparicións | Goles |
---|---|---|---|
Inglaterra | 2020 | 1 | 0 |
Total | 1 | 0 |
Selección de Inglaterra sub-17
Individuais
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.