Junts per Catalunya (partido político)
partido político catalán / From Wikipedia, the free encyclopedia
Junts per Catalunya (abreviado Junts ou JxCat) é un partido político de ideoloxía independentista catalá e apostas transversais mediante o enfrontamento unilateral coa España democrática e a internacionalización do conflito catalán.[1]
Junts per Catalunya | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Carles Puigdemont |
Historia | |
Fundación | 11 de xullo de 2018 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Independentismo catalán, republicanismo, europeísmo |
Representación | |
Parlamento de Cataluña | 32 / 135 |
Congreso dos Deputados | 4 / 350 |
Senado de España | 5 / 208 |
Parlamento europeo | 3 / 705 |
Outros datos | |
Na rede | |
https://junts.cat | |
A fundación deste partido foi a iniciativa do expresidente catalán Carles Puigdemont xunto con varios membros da coalición homónima Junts per Catalunya (tanto de CNxR -por exemplo, Jordi Sánchez e Elsa Artadi- como do PDeCAT -Jordi Turull, Josep Rull, Joaquim Forn, entre outros— e exmembros de ERC —Toni Comín, Josep Costa, Eusebi Campdepadrós, entre outros) co fin de reestruturar este espazo baixo un partido político unificado, que aspira a ser a "corrente central do catalanismo" baixo un claro "liderado".
O seu proceso congresual comezou en xullo de 2020 (a pesar de ter sido rexistrado no Rexistro de partidos políticos do Ministerio do Interior en xullo de 2018) e non debe confundirse coa coalición Junts per Catalunya. O partido foi creado en xullo de 2020 por Carles Puigdemont, despois de anunciar a súa creación trala ruptura das negociacións co Partido Demócrata Europeo Catalán (PDeCAT) sobre a reorganización do espazo político que inclúe a marca Junts per Catalunya, na que se atopan os posconverxentes[2][3] xunto con cargos electos doutras tradicións políticas.
O congreso fundacional do partido tivo lugar entre o 25 de xullo e o 3 de outubro de 2020, despois de que fose anunciado o 18 de xullo, coa presentación pública de imaxes e identidade corporativa por parte de Elsa Artadi e Marta Madrenas.[4][5]
O novo partido, Junts, naceu da fusión da Crida Nacional per la República (CNxR),[6][7][8] Acció per la República (AxR), Els Verds-Alternativa Verda (EV–AV) e algunhas correntes do PDeCAT[9][10] —como Reagrupament (RI.cat)[11]-, mais tamén incorporou membros dos partidos Demòcrates de Catalunya (DC), Moviment d'Esquerres (MES), Solidaritat Catalana per la Independència (SI) e intentou incorporar membros da CUP,[12] así como os independentistas unilaterais de Esquerra Republicana.[13]