bioquímica húngara From Wikipedia, the free encyclopedia
Katalin Karikó, nada o 17 de xaneiro de 1955, é unha bioquímica húngara especializada na técnica de ARN mensaxeiro. Recibiu o premio Nobel de Medicina en 2023 polo seu desenvolvemento da vacina contra a covidia, a canda Drew Weissman.[1]
(2023) | |
Nome orixinal | (hu) Karikó Katalin |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 17 de xaneiro de 1955 (69 anos) Szolnok (República Popular Húngara) |
Datos persoais | |
Residencia | Filadelfia (1985–) Abington Township (en) |
País de nacionalidade | Hungría Estados Unidos de América |
Educación | University of Szeged (en) - Bioquímica (1978–1982) University of Szeged (en) - bioloxía (1973–1978) Móricz Zsigmond Gimnázium és Közgazdasági Szakközépiskola (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | ARN mensaxeiro e Bioquímica |
Ocupación | investigadora , bioquímica , profesora universitaria |
Empregador | BioNTech (pt) (2013–) Universidade de Pensilvania (1987–) Biological Research Centre (en) (1978–) Universidade Temple (pt) Uniformed Services University of the Health Sciences (en) |
Membro de | |
Lingua | Lingua húngara e lingua inglesa |
Familia | |
Fillos | Susan Francia |
Premios
| |
Páxina web | pennmedicine.org… |
A súa investigación foi o o desenvolvemento de ARNm transcrito vitalmente para terapias de proteínas. É vicepresidenta sénior de BioNTech RNA Pharmaceuticals.
O traballo de Karikó inclúe a investigación científica da activación inmune mediada por ARN que resulta no co-descubrimento das modificacións de nucleósidos que suprimen a inmunoxenecidade do ARN.[2][3] [4]. É a titular de patentes concedidas nos Estados Unidos para a aplicación de ARN . Foi cofundadora e CEO de RNARx de 2006 a 2013 [5].
Karikó creceu na cidade húngara de Kisújszállás, onde asistiu a Móricz Zsigmond Református Gimnázium. Despois de obter o seu su doutoramento, Karikó continuou as súas investigacións posdoutorais no Instituto de Bioquímica da Universidade Temple. Mentres era bolseira posdoutoral na Universidade Temple de Filadelfia, Karikó participou nun ensaio clínico no que se tratou a pacientes con SIDA, enfermedades hematolóxicas e fatiga crónica con ARN de dobre cadea (dsRNA).
En 1990, mentres era profesora da Universidade de Pensilvania, Karikó presentou a súa su primeira solicitude de subvención na que propuña establecer unha terapia xenética baseada no ARNm.[6] Karikó foi durante case 25 anos profesora na Universidade de Pensilvania.
En 2012, Karikó e Drew Weissman, un inmunólogo da Universidade de Pennsylvania, recibiron unha patente para o uso de varios nucleósidos modificados para reducir a resposta inmune antiviral ao ARNm e fundaron unha pequena empresa.[7] Pouco despois, a universidade vendeu a licenza de propiedade intelectual a Gary Dahl, o xefe dunha empresa de laboratorios que finalmente se converteu en Cellscript. Semanas máis tarde, Flagship Pioneering, a empresa de capital de risco que estaba e segue apoiando a Moderna, púxose en contacto con ela para licenciar a patente. Todo o que Karikó dixo foi "non a temos". A principios de 2013, Karikó enterouse do acordo de 240 millóns de dólares de Moderna con AstraZeneca para desenvolver un ARNm do VEGF. Karikó deuse conta de que non tería a oportunidade de aplicar a súa experiencia co ARNm na Universidade de Pensilvania, así que tomou un papel como Vicepresidenta Sénior en BioNTech RNA Pharmaceuticals.
O traballo e a investigación de Karikó contribui ao esforzo de BioNTech para crear células inmunes que produzan antíxenos de vacinas. A investigación de Karikó revelou que a resposta antiviral do ARNm deu as súas vacinas contra o cancro un impulso adicional na defensa contra os tumores. En 2020 esta tecnoloxía empregouse dentro dunha vacina para covid19 que foi producida conxuntamente por Pfizer e BioNTech.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.