![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d7/Keith_Smart.jpg/640px-Keith_Smart.jpg&w=640&q=50)
Keith Smart
From Wikipedia, the free encyclopedia
Jonathan Keith Smart, nado o 21 de setembro de 1964 en Baton Rouge, Louisiana, é un xogador retirado estadounidense de baloncesto profesional e actual adestrador principal dos Sacramento Kings da NBA. É recordado mellor polo lanzamento gañador no campionato da NCAA de 1987, que lle deu aos Indiana Hoosiers a vitoria por 74-73 sobre os Syracuse Orangemen.[1]
Keith Smart | |
---|---|
![]() | |
Smart coma adestrador dos Golden State Warriors | |
Posición | Base |
Dorsal | 3 |
Altura | 1,85 m (6 ft 1 in) |
Peso oficial | 79 kg (175 lb) |
Nacemento | 21 de setembro de 1964 (59 anos)![]() |
Carreira | |
Universidade | Garden City Community College Indiana (1986-1988) |
NBA Draft | 1988 / Rolda: 2 / Elección: 41 Por Golden State Warriors |
Tempadas | 1988–1995 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 2 |
Rebotes | 1 |
Asistencias | 2 |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Adestrador | |
|
Tras dúas tempadas en Indiana, Smart asinou cos San Antonio Spurs, onde xogou dous partidos na tempada 1988-89. Smart tixo máis éxito na CBA, onde xogou seis tempada antes de retirarse en 1995. Smart xogou tamén para os Halifax Windjammers da World Basketball League nos anos 90, e unha tempada nos Worcester Counts da mesma liga en 1989.
Smart xogou tamén en Filipinas, cos San Miguel Beermen da PBA. Xogou ademais dúas tempadas en Francia, e unha en Venezuela[2]
En 2002, Smart rematou a tempada coma adestrador principal dos Cleveland Cavaliers, tras tres tempadas de asistente. A súa marca foi de 9-31. En 2003, converteuse en asistente dos Golden State Warriors.
En 2010, Smart ascendeu ao posto de adestrador principal dos Warriors, substituíndo a Don Nelson antes do comezo da pretempada 2010-11.[3]
Os Warriors o despediron o 27 de abril de 2011, tras unha tempada con 36 vitorias.[4] Uniuse aos Sacramento Kings coma adestrador asistente o 11 de novembro.[5] O 5 de xaneiro de 2012, os Kings nombrárono adestrador principal interino tras despedir a Paul Westphal.[6]