Kinji Fukasaku
From Wikipedia, the free encyclopedia
Kinji Fukasaku (深作欣二, Fukasaku Kinji?), nado en Mito (prefectura de Ibaraki) o 3 de xullo de 1930 e finado en Toquio[1] o 12 de xaneiro de 2003,[2] foi un actor, guionista e director de cinema xaponés[3] asociado coa nova vaga xaponesa.[4] Foi coñecido por dirixir un dos segmentos xaponeses do filme Tora! Tora! Tora! (1970),[5] filmes sobre a yakuza como Jingi Naki Tatakai (1973)[6] ou sobre samurais como Yagyū Ichizoku no Inbō[7] (1978) e, especialmente, polo filme Battle Royale (2000).[8]
Ao longo da súa traxectoria recibiu 24 premios, incluídos os Kinema Junpō en varias ocasións, e os da Academia de Cinema xaponesa que lle outorgou un premio honorífico pola súa carreira.[9] En 1997 obtivo a Shiju hosho, medalla de honra de cinta púrpura do Xapón, polas súas contribucións cinematográficas.[10][11]