Kirsch
licor de cereixa alemán / From Wikipedia, the free encyclopedia
O kirsch[1] (do alemán: Kirsche – cereixa) é un licor extraído das guindas. Trátase dunha bebida incolora orixinaria de Alemaña, que se obtén por destilación do zume fermentado dunha especie de guindas bravas da Selva Negra alemá, cunha graduación alcólica alta, superior a 30°[2].
Este licor é moi popular nas rexións francesas de Alsacia, Franco Condado e Lorena, e en Alemaña, Austria e Suíza.[Cómpre referencia]