escritor noruegués considerado un dos autores máis influentes na novela do século XX From Wikipedia, the free encyclopedia
Knut Hamsun, nado como Knut Pedersen en Lom o 4 de agosto de 1859 e finado en Grimstad o 19 de febreiro de 1952, foi un escritor noruegués. Recibiu o premio Nobel de Literatura en 1920. Acadou sona especialmente pola súa novela Sult ("Fame"). Xunto con August Strindberg, Henrik Ibsen e Sigrid Undset deu sona á literatura escandinava a comezos do século XX. Porén, a súa popularidade decaeu tras o seu apoio á figura de Adolf Hitler.
Nome orixinal | (no) Knut Hamsun |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Knut Pedersen Hamsun 4 de agosto de 1859 Vågå, Noruega (pt) |
Morte | 19 de febreiro de 1952 (92 anos) Grimstad, Noruega (pt) |
Lugar de sepultura | Nørholm (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Noruega |
Actividade | |
Ocupación | escritor , dramaturgo , crítico , novelista , poeta , escritor |
Período de actividade | 1877 - 1949 |
Partido político | Nasjonal Samling (pt) |
Movemento | Neo-romantismo (pt) |
Influencias | |
Lingua | Lingua norueguesa e lingua dinamarquesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Marie Hamsun (1909–1952), morte da persoa Bergljot Bech (1898–1906), divorcio |
Fillos | Arild Hamsun () Marie Hamsun (pt) Tore Hamsun () Marie Hamsun (pt) Ellinor Hamsun () Marie Hamsun (pt) Victoria Hamsun Charlesson (en) () Bergljot Bech (en) |
Premios | |
Páxina web | hamsunsenteret.no… |
|
Naceu no medio rural, no sur de Noruega. Con tres anos a súa familia mudouse a Hamarøy, preto do Círculo Polar Ártico, mais a familia non chegou a integrarse.[1]. Exerceu diversos oficios durante a súa vida, errante e aventureira. En 1882 trasladouse aos Estados Unidos de América, onde permaneceu en dúas etapas até 1888.[2][3] Froito da súa experiencia como emigrante en 1889 publicou Fra det moderne Amerikas Aandsliv ("A vida espiritual da América moderna"), cunha crítica irónica e amarga da vida nese país, se ben máis adiante renegaría deste texto, considerándoo moi pobre e infantil.[4]
En 1888 escribiu a novela que lle daría sona, Sult ("Fame"), narración con trazos autobiográficos que trata a historia de fame, pobreza e camiño á loucura dun xornalista acosado polos importantes desaxustes físicos e psicolóxicos. A obra comezou a publicarse en 1888 de forma anónima na publicación periódica Ny Jord.[5] En varios aspectos, esta novela presaxia os escritos de Franz Kafka e outros novelistas do século XX, que exploraron a loucura da condición humana contemporánea.
De novo tivo inclinacións anarquistas, mais cun matiz antiigualitario e racialista. En Fra det moderne Amerikas Aandsliv (1889) expresou o seu rexeitamento cara á mestizaxe: «Os negros son e seguirán sendo negros, unha incipiente forma humana dos trópicos, órganos rudimentarios no corpo da sociedade branca. En vez de fundar unha elite intelectual, Estados Unidos estableceu un criadeiro de mulatos».[6] Despois da segunda guerra Bóer, adoptou puntos de vista cada vez máis conservadores. Chegou a ser coñecido como un destacado defensor de Alemaña e a cultura alemá, así como un opoñente ao imperialismo británico e a Unión Soviética.
A súa admiración pola vida bucólica e o seu rexeitamento pola gran cidade levárono a pasar grandes etapas da súa vida nunha cómoda cabana do bosque, onde apenas deixaba entrar á súa muller cando estaba a escribir.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.