Lord Byron

poeta inglés e un dos escritores máis versátiles e importantes do Romanticismo From Wikipedia, the free encyclopedia

Lord Byron
Remove ads

George Gordon Byron, 6º barón de Byron (máis coñecido simplemente como Lord Byron), nado en Londres o 22 de xaneiro de 1788 e finado en Missolonghi o 19 de abril de 1824, foi un poeta inglés e un dos escritores máis versátiles e importantes do Romanticismo. Entre os traballos máis coñecidos de Byron están os poemas narrativos Don Juan e Childe Harold's Pilgrimage e o poema curto "She Walks in Beauty". É considerado un dos grandes poetas británicos, así como un dos máis lidos e influentes.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Viaxou para loitar contra o Imperio Otomán na Guerra de independencia de Grecia, polo cal os gregos reverénciano como o seu heroe nacional.[1] Morreu os 36 anos de idade logo de contraer unha febre en Missolonghi, Grecia.

Na súa época, Byron era coñecido polos seus excesos aristocráticos, incluíndo grandes débedas, numerosos namoramentos, murmurios de incesto coa súa medio irmá e o seu exilio autoimposto.

Remove ads

Traxectoria

Era fillo do capitán John "Mad Jack" Byron e a súa segunda esposa Lady Catherine Gordon. O pequeno George, coxo de nacemento, viviu e estudou na cidade escocesa de Aberdeen ata os 10 anos. De volta en Londres, estudou no colexio de Harrow e a Universidade de Cambridge. En 1798, ao morrer o seu tío avó William, quinto barón Byron, herdou o título e as propiedades.

En 1807 publicouse o seu libro de poemas Hours of Idleness. En 1809 ocupou un escano na cámara dos lords e emprendeu unha viaxe de dous anos por España, Portugal e Grecia.

A publicación en 1812 dos dous primeiros Childe Harold's Pilgrimage, poemas que narran as súas viaxes por Europa, leváronlle á fama. En 1815, ano en que publicou Hebrew Melodies, casou con Anna Isabella Milbanke, quen o abandonou en 1816 tras dar a luz á única filla lexítima do poeta, Augusta Ada. Os rumores sobre as súas relacións incestuosas coa súa media irmá Augusta e as dúbidas sobre a súa cordura provocaron o seu ostracismo social. Amargado profundamente, Byron abandonou Inglaterra en 1816 e nunca volveu.

Viaxes

Na España absolutista de Fernando VII e nunha América hispana que loitaba pola súa emancipación, a vida e obra de Byron tiveron unha grande influencia e serviron de inspiración aos poetas do Romanticismo.

En 1824, foi a Grecia a loitar contra os turcos. Alí contraeu malaria. Os médicos preescribíronlle unhas sangrías, ao que el se negou. Días despois, extenuado pola enfermidade e chamándolles carniceiros, permitiu aos médicos sacarlle todo o sangue que desexasen, o dezaseis de abril practicaron a primeira sen bo resultado. Ao día seguinte realizaron outras dúas. Testemuñas presenciais aseguraron que, en total, lle extraeron uns dous litros de sangue.

Remove ads

Obra

Thumb
Byron, 1830

Obras maiores

  • Hours of Idleness (1807)
  • English Bards and Scotch Reviewers (1809)
  • Childe Harold's Pilgrimage, Cantos I & II (1812)
  • The Giaour (1813)
  • The Bride of Abydos (1813)
  • The Corsair (1814)
  • Lara, A Tale (1814)
  • Hebrew Melodies (1815)
  • The Siege of Corinth (1816)
  • Parisina (1816)
  • The Prisoner of Chillon (1816)
  • The Dream (1816)
  • Prometheus (1816)
  • Darkness (1816)
  • Manfred (1817)
  • The Lament of Tasso (1817)
  • Beppo (1818)
  • Childe Harold's Pilgrimage (1818)
  • Don Juan (1819–1824; incompleto pola súa morte en 1824)
  • Mazeppa (1819)
  • The Prophecy of Dante (1819)
  • Marino Faliero (1820)
  • Sardanapalus (1821)
  • The Two Foscari (1821)
  • Cain (1821)
  • The Vision of Judgment (1821)
  • Heaven and Earth (1821)
  • Werner (1822)
  • The Age of Bronze (1823)
  • The Island (1823)
  • The Deformed Transformed (1824)

Poemas maiores

  • The First Kiss of Love (1806)
  • Thoughts Suggested by a College Examination (1806)
  • To a Beautiful Quaker (1807)
  • The Cornelian (1807)
  • Lines Addressed to a Young Lady (1807)
  • Lachin y Garr (1807)
  • Epitaph to a Dog (1808)
  • Maid of Athens, ere we part (1810)
  • She Walks in Beauty (1814)
  • My Soul is Dark (1815)
  • Monody on the Death of the Right Hon. R. B. Sheridan (1816)
  • When We Two Parted (1817)
  • Ode on Venice (1819)
  • Love's Last Adieu
  • So, we'll go no more a roving (1830)
  • Damaetas
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads