Le Villi
From Wikipedia, the free encyclopedia
Le Villi (en galego, As Villi) é unha ópera en dous actos con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Ferdinando Fontana, baseado no conto Les Willis de Gean-Baptiste Alphonse Karr, tamén empregado no ballet Giselle. Trátase da primeira ópera composta por Puccini e foi estreada no Teatro Dal Verme de Milán o 31 de maio de 1884 con Caponetti e Antonio d'Andrade como intérpretes baixo a dirección de Achille Panizza. Puccini escribiu unha nova versión de dous actos (a orixinal tiña un) que foi estreada no Teatro Regio de Turín o 26 de decembro de 1884.
Cartel orixinal da estrea (1884). | |
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Ferdinando Fontana |
Fontes literarias | Jean-Baptiste Alphonse Karr: Les Willis |
Estrea | 31 de maio de 1884 |
Teatro da estrea | Teatro Dal Verme |
Lugar da estrea | Milán |
Música | |
Compositor | Giacomo Puccini |
Personaxes | |
O libreto da ópera nútrese das lendas de Europa Central, segundo as cales as Villis son espíritos de mulleres que foron traizoadas polos seus amantes. O mesmo tema é utilizado no ballet Giselle e a ópera Die lustige Witwe de Franz Lehár (o libreto do cal foi traducido ao italiano polo mesmo Fontana).