Lingua persa
lingua indoeuropea falada en Irán / From Wikipedia, the free encyclopedia
O persa ou parsi[11] (فارسی, fārsī) é unha lingua irania occidental, pertencente á rama das linguas iranias da subdivisión das linguas indoiranias da familia indoeuropea. O persa é unha lingua pluricéntrica falada e usada oficialmente en Irán, Afganistán e Taxiquistán en tres variedades estandarizadas mutuamente intelixibles, chamadas persa iraniano (coñecida oficialmente como persa),[12][13][14] persa dari (coñecida oficialmente como dari dende 1964)[15] e persa taxico (coñecida oficialmente como taxico dende 1999).[16][17] Tamén é falada nativamente na variedade taxica por unha poboación significativa dentro de Uzbekistán,[18][19][20] así como noutras rexións cunha historia dentro da esfera cultural do Grande Irán. Escríbese oficialmente dentro de Irán e Afganistán co alfabeto persa, unha derivación da escritura árabe, e dentro de Taxiquistán co alfabeto taxico, unha derivación do alfabeto cirílico.
Persa فارسی / Fārsī | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /fɒrˈsi/ | |
Falado en: | Irán[1] Afganistán[1] (como dari) Taxiquistán[1] (como taxico) Uzbekistán (como taxico) [2] Iraq[3] Turkmenistán[4] Rusia[5][6] Acerbaixán[7] | |
Rexións: | Asia occidental meridional | |
Total de falantes: | 81 000 000 (2022) Xunto cos falantes como segunda lingua: 130 millóns[7] | |
Familia: | Indoeuropea Indoiranias Iranias Iranias occidentais Iranias occidentais setentrionais Persa | |
Escrita: | Escrita perso-arábiga. O taxico utiliza o alfabeto cirílico | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Irán (como persa)[8] Afganistán (como dari) Taxiquistán (como taxico) Rusia (en Daguestán como tati)[9] | |
Regulado por: | Academia da Lingua e Literatura Persa (Irán) Academia de Ciencias de Afganistán (Afganistán) Instituto Rudaki de Lingua e Literatura (Taxiquistán) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | fa | |
ISO 639-2: | per (B), fas (T) | |
ISO 639-3: | fas
| |
SIL: | prs
| |
Mapa | ||
Status | ||
Este artigo amosa letras persas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O persa moderno é unha continuación do persa medio, unha lingua oficial durante o Imperio Sasánida (224–651), que á súa vez é unha continuación do persa antigo, que foi usado durante o Imperio Aqueménida (550–330 BCE).[21][22] Orixinouse na provincia da Fars (rexión de Persia) no suroeste de Irán.[23] A súa gramática é semellante á de moitas linguas europeas.[24]
Ao longo da historia, o persa foi considerado prestixioso por varios imperios centrados en Asia Occidental, Asia Central e Asia Meridional.[25] O persa antigo está testemuñado no antigo cuneiforme persa en inscricións de entre os séculos VI e IV a.C. O persa medio está testemuñado en alfabeto arameo (pahlavi e maniqueo) nas inscricións do zoroastrismo e do maniqueísmo entre os séculos III e X. A nova literatura persa rexistrouse por primeira vez no século IX, despois da conquista musulmá de Persia, adoptando dende entón a escritura persoárabe.[26]
O persa foi a primeira lingua en romper o monopolio do árabe na escritura do mundo musulmán, sendo a poesía persa unha tradición en moitas cortes orientais.[25] Como afirmou o erudito británico David G. Hogarth, "Nunca un cativo capturou ao seu captor dunha maneira máis rápida e sutil que o árabe por Persia".[27] Foi usado oficialmente como lingua da burocracia incluso por falantes non nativos, como os otománs en Anatolia,[28] os mogois no sur de Asia e os paxtos en Afganistán. Influíu nas linguas faladas nas rexións veciñas e mesmo máis aló, incluíndo outras linguas iranias, as linguas turcas, o armenio, o xeorxiano e as linguas indoarias. Tamén exerceu certa influencia no árabe,[29] ao tempo que tomou prestado moito vocabulario durante a Idade Media.[21][24][30][31][32][33]
Hai aproximadamente 110 millóns de falantes de persa en todo o mundo, incluíndo persas, luris, taxicos, hazaras, azarís iranianos, kurdos de Irán, baluchis, tats e aimaqs. O termo persófono tamén se pode usar para referirse a un falante de persa.[34][35]