Taxiquistán
estado de Asia central / From Wikipedia, the free encyclopedia
Taxiquistán (en taxico: Тоҷикистон), oficialmente a República de Taxiquistán (en taxico: Ҷумҳурии Тоҷикистон, Jumhurii Tojikiston) é un país montañoso e sen saída ó mar que se atopa en Asia Central, cunha área de 143 100 km² e unha poboación estimada de 9 275 828 persoas (2019).[1] Ten fronteiras con Afganistán polo sur, a China polo leste, Kirguizistán polo norte e Uzbekistán polo oeste. A patria tradicional do pobo taxico inclúe a actual Taxiquistán así como partes de Afganistán e Uzbekistán.
Ҷумҳурии Тоҷикистон (tg) Тоҷикистон (tg) | |||||
Himno | Himno Nacional de Taxiquistán | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Dushanbe | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 8.921.343 (2017) (62,34 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua taxica lingua rusa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 143.100 km² | ||||
Punto máis alto | Monte Ismail Samani (7.495 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Sir Daria (300 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 9 de setembro de 1991 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | presidencialismo | ||||
• Presidente (pt) | Emomalii Rahmon | ||||
• Primeiro ministro | Kokhir Rasulzoda (pt) (2013–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Suprema do Tajiquistão (pt) , (Escano: 97) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 8.937.805.347 $ (2021) | ||||
Moeda | somoni | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .tj | ||||
Prefixo telefónico | +992 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112 | ||||
Código de país | TJ | ||||
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O territorio que hoxe constitúe Taxiquistán foi o fogar de numerosas culturas da antigüidade, como a cidade de Sarazm[2] do Neolítico e da Idade de Bronce, e despois foi dominado por diferentes reinos gobernados por pobos de diversas fes e culturas, incluíndo a civilización de Oxus, a cultura de Andrónovo, o budismo, o nestorianismo, o zoroastrismo, o maniqueísmo e o islam. A área foi dominada por varios imperios e dinastías, como o Imperio aqueménida, o Imperio Sasánida, os Imperio Heftalita, o Imperio Samánida, o Imperio Mongol, a Dinastía Timúrida, o Khanato de Bukhara, o Imperio Ruso, e posteriormente a Unión Soviética. Dentro da Unión Soviética, delimitáronse as fronteiras modernas do país, formando parte da República Socialista Soviética de Uzbekistán como unha república autónoma antes de converterse nunha república soviética de pleno dereito en 1929.[3]
O 9 de setembro de 1991, Taxiquistán converteuse nunha nación independente e soberana logo da disolución da Unión Soviética. Case inmediatamente despois da independencia produciuse unha guerra civil, que durou dende 1992 até 1997. Dende o remate da guerra, a estabilidade política e a axuda exterior permitiron que a economía do país comezase a medrar. Ó igual que outros países veciños de Asia Central, o país, liderado polo Presidente Emomali Rahmon dende 1994, foi criticado por numerosas organizacións non gobernamentais polo seu liderado autoritario, a falta de liberdade relixiosa, a corrupción e as violacións dos dereitos humanos.
Taxiquistán é unha república presidencialista dividida en catro provincias. A maioría da poboación do país pertence ó grupo étnico taxico,[4] que fala o taxico (unha variedade do persa). O ruso é empregada como lingua de comprensión entre etnias. Malia que o estado é constitucionalmente secular, o islam é practicado polo 98% da poboación. No óblast de Badaghxán Montañoso, de Taxiquistán, malia a súa escasa poboación existe unha gran diversidade lingüística, onde o ruxaní, o xugní, o ixcaximí, o vakhí e o propio taxico son algunhas das lingua faladas. As montañas cobren o 90% do país. Ten unha economía de transición que é altamente dependente da produción de aluminio e algodón. Taxiquistán é membro das Nacións Unidas, da Comunidade de Estados Independentes, da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa, da Organización para a Cooperación Islámica, da Organización de Cooperación Económica, da Organización de Cooperación de Shanghai e da Organización do Tratado da Seguridade Colectiva, así como da Asociación para a Paz da OTAN.