lingua mesoamericana From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua otomí[4][5] é unha lingua indíxena de México, falada polo pobo otomí. Os indíxenas otomís do Val de Mezquital tamén a chaman hñähñu na súa propia lingua. O otomí é unha lingua mesoamericana e amosa algúns dos trazos característicos da área lingüística mesoamericana. Segundo a Lei de Dereitos Lingüísticos de México, o otomí é recoñecido como unha lingua nacional, a carón doutras sesenta linguas indíxenas e o castelán, e por dereito, ten a mesma validez teórica no país.[6] Polo seu número de falantes, o otomí é a sétima lingua indíxena máis falada de México, despois do náhuatl, o iucateco, o zapoteca, o mixteca, o tzotzil e o tzeltal. Porén, este dato é só indicativo, xa que en realidade a "lingua otomí" debe considerarse como un grupo con moitas variantes.
Otomí | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /ˌoʊtəˈmiː/ | |
Outros nomes: | Hpyurta, Ñätho, Ñäñho, Ñ'yühü, Hñotho, Hñähü, Hñätho, Yųhų, Yųhmų, Ñųhų, Ñǫthǫ, Ñañhų | |
Falado en: | México | |
Rexións: | Estado de México, Puebla, Veracruz, Hidalgo, Guanajuato, Querétaro, Tlaxcala, Michoacán | |
Total de falantes: | 290 000 (censo de 2010) | |
Familia: | Otomangueana Otopameana Otomí | |
Escrita: | Latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | México A través da Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas[1] | |
Regulado por: | Instituto Nacional de Linguas Indíxenas[2] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | oto | |
ISO 639-3: | ote
| |
Mapa | ||
Status | ||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.