Lingua pijao
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua pijao (tamén coñecida como piajao ou pinao) é unha lingua indíxena americana sen clasificar que foi falada polo pobo pijao até a década de 1950, momento no que se extinguiu. Era falada nas vilas de Orrega, Coyaima (Koyai, Tupe) e Natagaima, no val do río Magdalena.
Datos rápidos Pijao, Códigos de lingua ...
Pijao | ||
---|---|---|
Outros nomes: | piajao ou pinao | |
Falado en: | Colombia | |
Rexións: | Tolima | |
Extinción: | década de 1950 | |
Familia: | Sen clasificar Pijao | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | pij
| |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar
En 1943, recolleuse unha pequena lista de vocabulario, composto de 30 palabras e expresións, que son as únicas que se coñecen da lingua. Algunhas das palabras que semellan ser caribes semellan ser préstamos, e os topónimos do territorio pijao tamén son caribes.