O bantú é un subgrupo de linguas que pertence á familia de linguas níxer-congo. As linguas bantús fálanse no sur do Camerún, en Gabón, República do Congo, República Democrática do Congo, Uganda, Kenya, Tanzania, Angola, Zambia, Malaui, Mozambique, Cimbabue, Namibia, Botswana e Suráfrica.

Familias lingüísticas africanas.

Orixe do nome

A palabra "bantú" foi usada por primeira vez por Wilhelm H. I. Bleek (1827-75) co significado de "xente" ou "persoas", como se reflicte en moitos dos idiomas deste grupo (véxase a Táboa 1). A el debemos tamén a primeira clasificación do grupo de linguas que seguiu criterios científicos, levada a cabo entre (1862 e 1869). El e, máis tarde, Carl Meinhof fixeron estudos comparativos das gramáticas das linguas bantús.

Máis información Persoa / Xente en diferentes ...
Persoa / Xente en diferentes
linguas bantús
Lingua Singular
"Persoa"
Plural
"Xente"
Proto-bantú:*monto
  • banto
Chichewa:munthuanthu
Herero:omunduovandu
Kikuyu:ndũandũ
Ruanda:umuntu abantu
Congo:muntubantu
Lingala:motobato
Lozi:mutubatu
Luba:ntuntu
Luganda:omuntuabantu
Shona:munhuvanhu
Sotho:thōthō
Suahili:mtuwatu
Xosa:umntuabantu
Zulú:umuntuabantu
Táboa 1: A raíz de cada palabra aparece
resaltada en letra grosa precedida do
prefixo de clase.
Pechar

Características

A meirande parte das linguas deste grupo seguen o esquema SVO (Suxeito-Verbo-Obxecto) para a orde dos compoñentes na cláusula. A característica gramatical máis prominente dos idiomas bantús é o uso extensivo de prefixos e infixos. Cada nome pertence a unha clase e cada lingua pode ter arredor de dez clases en total, que se indican por medio dun prefixo ligado ao nome e aos adxectivos e verbos que concordan con el. Ademais, o plural indícase cun cambio no prefixo de clase (véxase a Táboa 1). Por outra parte, o verbo tamén se conxuga a base de prefixos.

En suahili, por exemplo, Mtoto mdogo amekisoma significa 'O neno pequeno leuno (o libro)'. Mtoto ('neno') goberna o prefixo adxectival m- de mdogo ('pequeno') e o prefixo do suxeito verbal a-. A continuación séguelle o morfema de tempo-aspecto (pasado/perfectivo) -em- e o marcador do obxecto -ki-, que concorda co obxecto implícito kitabu ('libro'). Se pluralizamos o suxeito ('nenos'), obtemos Watoto wadogo wamekisoma, e pluralizando o obxecto directo ('libros', vitabu) a cláusula resultante sería Watoto wadogo wamevisoma.

Linguas da familia

A lingua bantú con maior número de falantes é o suahili (G 40). Os idiomas bantús comprenden un amplo abano que acolle desde linguas puramente tonais ata outras que prescinden totalmente do ton nas funcións gramaticais e/ou semánticas. Outros idiomas bantús importantes son o lingala, o luganda, o congo e o chewa en África central e oriental e o shona, o ndebele (decote considerado unha lingua, aínda que en realidade é un dialecto do zulú), o tswana, o sotho, o xosa, o sepedi e o suazi no sur de África.

Algunhas das linguas son coñecidas sen o prefixo de clase (chewa por chichewa, swahili no canto de kiswahili, zulú por isizulu, xosa en lugar de isixhosa etc.) mentres que outras varían (setswana ou tswana, sindebele ou ndebele etc.). Malia todo, a forma radical sen o marcador non se adoita dar nestas linguas: en Botswana, por exemplo, os habitantes son batswana, unha persoa é un motswana e a lingua é setswana.

Os surafricanos de raza negra ás veces eran chamados oficialmente bantús polo réxime do apartheid, de maneira que agora alí se prefire o termo sintu para referirse a este grupo de linguas; si- é un prefixo empregado, entre outros conceptos, con idiomas.

Clasificación interna

Esta familia contén centos de linguas, que foron clasificadas por Malcolm Guthrie en 1948 en grupos por zonas xeográficas e despois numeradas dentro de cada un deles. Guthrie tamén reconstruíu o proto-bantú coma a proto-lingua desta familia lingüística. Todo parece indicar que as linguas bantús tiveron a súa orixe hai uns dous mil anos na Nixeria oriental e o Camerún, desde onde se estenderon ata o sur e o leste do continente africano. Os principais grupos segundo Guthrie son os seguintes (as linguas principais van en cursiva):

Thumb
Principais subgrupos das linguas bantús (Guthrie, 1948).

Número de falantes

Máis información Idioma, Nome alternativo ...
Idioma Nome
alternativo
Falantes Zona de Guthrie Países onde se fala
SuahiliKisuahili30–40 MillónsG40Tanzania, Uganda, Ruanda, Burundi, Congo, Mozambique
ShonaChishona11 MillónsS10Cimbabue, Zambia
ZuluIsizulu10 MillónsS40Suráfrica, Lesoto, Eswatini, Malaui
NyanjaChichewa10 MillónsN30Malaui, Zambia, Mozambique
LingalaNgala9 MillónsC40Congo, Congo-Brazzaville
RuandaKinyarwanda8 MillónsJ60Ruanda, Burundi, Uganda, Congo
XosaIsixhosa7,5 MillónsS40Suráfrica, Lesoto
Luba-KasaiChiluba6,5 MillónsL30Congo
GikuyuKikuyu5,5 MillónsE20Kenya
KitubaKutuba5 MillónsH10Congo, Congo-Brazzaville (usada como crioulo)
GandaLuganda5 MillónsJ10Uganda
RundiKirundi5 MillónsJ60Burundi, Ruanda, Uganda
MakhuwaMakua5 MillónsP30Mozambique
SothoSesotho5 MillónsS30Lesoto, Suráfrica
TswanaSetswana5 MillónsS30Botswana, Suráfrica
MbunduUmbundu4 MillónsR10Angola (Benguela)
Sotho do norteSepedi, Sotho sa Leboa4 MillónsS30Suráfrica, Botswana
LuyiaLuluyia3,6 MillónsJ30Kenya
BembaChibemba3,6 MillónsM40Zambia, Congo
TsongaXitsonga3,3 MillónsS50Suráfrica, Mozambique, Cimbabue
SukumaKisukuma3,2 MillónsF20Tanzania
KambaKikamba3 MillónsE20Kenya
MbunduKimbundu3 MillónsH20Angola (Luanda)
Pechar

Véxase tamén

Bibliografía

  • Guthrie, Malcolm. 1948. The classification of the Bantu languages. Londres: Oxford University Press for the International African Institute.
  • Guthrie, Malcolm. 1971. Comparative Bantu, Vol 2. Farnborough: Gregg International.
  • Heine, Bernd. 1973. Zur genetische Gliederung der Bantu-Sprachen. Afrika und Übersee, 56: 164–185.
  • Maho, Jouni F. 2001. The Bantu area: (towards clearing up) a mess. Africa & Asia, 1:40–49.
  • Maho, Jouni F. 2002. Bantu lineup: comparative overview of three Bantu classifications. Universidade de Gotemburgo: Departmento de Linguas Orientais e Africanas.
  • Piron, Pascale. 1995. Identification lexicostatistique des groupes Bantoïdes stables. Journal of West African Languages, 25(2): 3–39.

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.