Lingua zulú

From Wikipedia, the free encyclopedia

Lingua zulú
Remove ads

O zulú[3] (en zulú, isiZulu) é unha lingua africana da familia nguni, que pertence ao grupo bantú, falada pola xente do pobo zulú. Fálana uns 10 millóns de persoas, que nun 95% viven en Suráfrica, onde é un dos 11 idiomas africanos oficiais desde 1994 e fálao o 25% da poboación. Ensínase en zulú na educación primaria e secundaria e tamén se editan libros e revistas.

Datos rápidos Zulú isiZulu, Status oficial ...
Remove ads

Distribución xeográfica

O zulú fálase nas provincias de KwaZulu-Natal (81% dos habitantes), Mpumalanga (26%) e Gauteng (21%). Tamén se fala noutros países africanos, como Lesotho e Eswatini. As linguas ndebele do norte, falada en Zimbabwe, e swazi e máis a fala nguni de Malawi son moi próximas ao zulú. O xhosa, lingua predominante no Cabo Oriental, e o zulú son mutuamente intelixíbeis.

Normativa

En 1859 apareceu a primeira gramática da lingua zulú.

Actualmente a institución encargada de regular a lingua escrita é o Zulu Language Board" (Instituto da Lingua Zulú) de KwaZulu-Natal.

Fonoloxía

  • Ten 7 sons vocálicos: os 5 fonemas simples [a], [e], [i], [o], [u], ademais do e neutro e o o aberto.
  • Dúas semivogais ([w], [j]).
  • Entre as consoantes son característicos os 15 sons aspirados ou nasalizados denominados clics.
  • É unha lingua tonal, o que implica que o significado dunha palabra depende do ton con que se pronuncie.

Algúns aspectos gramaticais

  • A orde da frase é tipo SVO: suxeito + verbo + obxecto (complemento).
  • Morfoloxicamente é unha lingua aglutinante.
  • O substantivo consta de prefixo e radical: hai 15 prefixos diferentes, 13 dos cales se usan actualmente e os outros dous son arcaísmos. O plural expresase cun prefixo, por exemplo: inja "can" – izinja "cans".
  • Verbo:
    • No tempo de presente, os verbos regulares acaban en -a: sebenza "eu traballo".
    • No tempo pasado, o verbo acaba en -e: umlimi ulime izinsimu "O labrador cultiva os campos".
    • O futuro indícase coa partícula zo infixada no verbo: Abafundi bazofunda amabhuku "Os estudantes lerán os libros".
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads