![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/eb/Cupido4b.jpg/640px-Cupido4b.jpg&w=640&q=50)
Lisipo
escultor grego do século IV a.C. / From Wikipedia, the free encyclopedia
Lisipo (en grego antigo: Λύσιππος) foi un escultor e arquitecto grego do século IV a.C., nado en Sición, Peloponeso, cara ao 390 a. C. e finado polo 318 a. C. Xunto con Escopas e Praxíteles, foi considerado un dos tres escultores máis grandes da etapa do clasicismo tardío da escultura grega, que serviu de transición ao período helenístico.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (grc) Λύσιππος ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 390 a. C. ![]() Sición, Grecia ![]() |
Morte | c. 300 a. C. ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Sición ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escultor , broncista , arquitecto ![]() |
Xénero artístico | Retrato ![]() |
Alumnos | Carés de Lindos (pt) ![]() ![]() ![]() |
Lingua | Grego antigo ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia![]() | |
Fillos | Eutícrates, Daippos, Bedes ![]() |
![]() |
O estudo de Lisipo enfróntase ao problema da dificultade de identificación do seu estilo a partir das copias existentes pois, non só tiña un gran taller con moitos discípulos no seu círculo máis próximo[1] senón que tamén houbo unha forte demanda de copias e reproducións dos seus traballos, mesmo cando el vivía, fornecida dende fóra do seu círculo, e que se incrementou durante a época helenística e, despois, durante a época romana.[2] A Xuventude Vitoriosa, tamén chamada o bronce Getty, descuberta contra 1972, sería un deses casos.