Lista de condes e duques de Étampes
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Na época carolinxia Étampes foi xa a sede dun condado (comitatus Stampensis), do que hai memoria no século X,[1] pero a palabra reflectía daquela unha realidade diferente que nas épocas posteriores: era unha simple circunscrición do Imperio, cuxa administración non se transmitía por dereito de herdanza.
Cando os Robertinos subiron ao trono e fundaron a monarquía dos Capetos, o país de Étampes pertenceulles durante moito tempo, e sería unha das pezas mestras do dominio real sobre o que o rei exercía teoricamente un control directo. Houbo, porén, vizcondes de Étampes no século XI, nunha época na que os primeiros capetos se esforzan por establecer a súa autoridade sobre as súas propias terras.[2]