Dinastía dos Capetos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dinastía dos Capetos[3] (en francés: Capétiens) é unha das máis importantes dinastías reais de Europa e, segundo algúns estudosos, a máis antiga, remontándose a súa orixe ao século VII, aínda que con algunha dificultade.
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
- Este artigo trata sobre a dinastía dos Capetos. Para a súa rama principal, que gobernou Francia entre os anos 987 e 1328, véxase Casa dos Capetos.
Dinastía dos Capetos | |
---|---|
Casa materna | Dinastía Robertina |
Títulos | rei de Francia duque de Borgoña rei de Portugal emperador latino rei de Nápoles rei de Sicilia príncipe de Acaia rei de Navarra rei de Hungría duque de Orleáns conde de Borgoña rei de Polonia conde de Flandres duque de Brabante copríncipe de Andorra duque de Luxemburgo duque de Lorena conde de Holanda rei de España duque de Milán duque de Parma rei de Etruria rei das Dúas Sicilias duque de Lucca emperador do Brasil gran duque de Luxemburgo etc. |
Fundador | Hugo Capeto |
Fundación | 987 Último soberano: Lois Filipe I de Francia 24 de febreiro de 1848.[1] Actual xefe: Disputa dinástica.[2] |
Etnia | franca |
Ramas menores | Casa de Anjou
|
Os Capetos costitúen a terceira dinastía dos reis de Francia, despois dos Merovinxios e os Carolinxios.[4]
Inclúe todos os descendentes de Hugo Capeto (938-993), duque de París, rei de Francia e fundador da liñaxe.
Na súa liña directa, a dinastía reinou en Francia desde 987 a 1328, ano da morte de Carlos IV. O trono francés pasou daquela as rama colaterais: a Casa de Valois, a Casa de Borbón e, finalmente, á rama máis nova desta última, a Casa de Orleáns. Outras ramas da familia foron, en ocasións, condes e duques de Borgoña, duques da Bretañaa, de Parma, reis de Navarra, de Sicilia, de Nápoles, das Dúas Sicilias, de Hungría, de Portugal, emperadores latinos de Constantinopla e emperadores do Brasil;así mesmo algúns dos seus membros foron gobernantes do ducado de Lucca e dos reinos de Etruria e de Polonia.
O rei de España Filipe VI, así como o gran duque de Luxemburgo Henrique, son os únicos monarcas europeos que pertencen agnaticamente á dinastía,[5] ambos os dous a través da rama borbónica. Todos os demais monarcas europeos reinantes tamén descenden de Hugo Capeto, pero por vía cognaticia.