Lista de municipios de Francia con vieiras no escudo
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Este artigo é unha lista dos escudos municipais que presentan a vieira en Francia. Inclúe os escudos municipais, así como outros escudos e logotipos de vieiras (dúas especies de bivalvos moi relacionadas, ambas pertencentes ao xénero Pecten[1]). Son símbolo de Santiago, por iso a cuncha tamén é coñecida como o símbolo dos peregrinos, especialmente da peregrinación do Camiño de Santiago. Os peregrinos cristiáns da Idade Media utilizaban a vieira para sacar auga. Un costume estendido era o de continuar até ao Cabo Fisterra ou outras vilas do litoral para recoller unha vieira do mar. Levada como sinal de peregrinación na banda do sombreiro ou no cinto, a cuncha era máis que un recordo, ao regresar a casa era garantía do respecto pola viaxe feita.[2]