Lockheed SR-71 Blackbird
avión de recoñecemento / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Lockheed SR-71 Blackbird é un avión de recoñecemento estratéxico de longo alcance e con capacidade para acadar velocidades superiores a Mach 3 que foi operado pola Forza Aérea dos Estados Unidos.[1] Foi desenvolvido como un proxecto negro a partir do avión de recoñecemento Lockheed A-12 nas anos 60 por Lockheed e a súa división Skunk Works. O enxeñeiro aeroespacial estadounidense Clarence "Kelly" Johnson foi o responsable de moitos dos innovadores conceptos do deseño. Durante as misións de recoñecemento aéreo, o SR-71 operaba a altas velocidades e alturas para permitirlle superar as ameazas. Se un mísil terra-aire lanzado era detectado, a acción evasiva stándar era sinxelamente acelerear escapar do mísil. A forma do SR-71 estaba baseada na do A-12, que foi un dos primeiros avións en ser deseñado cunha sección radar equivalente reducida.
Lockheed SR-71 Blackbird | |
---|---|
SR-71 sobrevoando Serra Nevada, California | |
Tipo | avión de recoñecemento estratéxico |
Fabricante | Lockheed Corporation |
Deseñado por | Clarence "Kelly" Johnson |
Primeiro voo | 22 de decembro de 1964 |
Introducido | xaneiro de 1966 |
Retirado | 1998 (USAF), 1999 (NASA) |
Estado | retirado |
Principais usuarios | USAF NASA |
Unidades construídas | 32 |
Custo unitario | 34 millóns de dólares |
O SR-71 operou coa USAF dende 1964 ata 1998. Fabricáronse un total de 32 aparellos; 12 perdéronse en accidentes sen que ningún fose derrubado por accións inimigas.[2][3] O SR-71 recibiu varios alcumes, como "Blackbird" e "Habu".[4] Dende 1976 mantén o récord mundial de velocidade de aeronave tripulada cun motor que respira aire, estando o récord anterior en mans do relacionado Lockheed YF-12.[5][6][7]