Lori Black
música estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Lori Black, tamén coñecida como Lorax, nada o 9 de abril de 1954 en Santa Monica (California), é unha baixista estadounidense coñecida por tocar nas bandas Clown Alley[1] e Melvins. Lori é filla da actriz Shirley Temple e do empresario Charles Alden Black.[2]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de abril de 1954 (70 anos) Santa Monica, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | baixista |
Instrumento | Baixo e guitarra |
Familia | |
Pais | Charles Alden Black (pt) e Shirley Temple |
Pechar
Cando os Melvins se separaron temporalmente a finais de 1987, o baixista Matt Lukin deixou a banda para formar Mudhoney. Os Melvins substituírono por Lori Black. Nesa época Black saía con Buzz Osborne, líder do grupo. As súas primeiras gravacións apareceron no álbum de 1989 Ozma. Black tamén aparece acreditada na estrea de Melvins cun gran selo, Houdini (1993), aínda que Osborne ten dito que Black non toca nel.[3]