![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a2/Modern_warehouse_with_pallet_rack_storage_system.jpg/640px-Modern_warehouse_with_pallet_rack_storage_system.jpg&w=640&q=50)
Loxística
manexo do fluxo de bens / From Wikipedia, the free encyclopedia
A loxística é definida polo Dicionario da Real Academia Galega como a «arte de organizar medios, homes e transportes, para realizar unha acción militar nas mellores condicións, e por extensión, estudo e preparación de calquera acción que require certa organización»[1]. Hoxe en día adóitase referir máis ben ao ámbito empresarial coma a arte e a técnica que se ocupa da organización dos fluxos de mercadorías, enerxía e información.[2][3]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a2/Modern_warehouse_with_pallet_rack_storage_system.jpg/640px-Modern_warehouse_with_pallet_rack_storage_system.jpg)
A loxística é fundamental para o comercio. As actividades loxísticas conforman un sistema que é a ligazón entre a produción e os mercados que están separados polo tempo e a distancia.[4]
A loxística empresarial, por medio da administración loxística e da cadea de subministración, cobre a xestión e a planificación de actividades dos departamentos de compras, produción, transporte, almacenaxe, manutención e distribución.