político e xornalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Luís Soto Fernández, nado en Podentes (A Bola) o 7 de decembro de 1902 e finado en Cidade de México o 12 de novembro de 1981, foi un político e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de decembro de 1902 Podentes, España |
Morte | 12 de novembro de 1981 (78 anos) Cidade de México |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , xornalista |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Familia | |
Pai | José Camilo Soto Losada |
Fillo dos mestres José Camilo Soto Losada e Sara Fernández. Con catro irmáns, estudou o Bacharelato en Celanova e despois emigrou a Arxentina. Regresou e fíxose mestre, e deu clase en Buscalque (Lobios),[1][2] Penosiños e Mondariz (1934-1936). Comezou a súa traxectoria política no PCE durante a II República Española. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido durante tres meses de emprego e soldo pola Comandancia Militar de Ourense.[3] Agochouse disfrazado de crego en Vilanova dos Infantes. Despois pasou a Tourém (Portugal), e de aí a Lisboa e despois a Francia. Logo no exilio foi secretario de Castelao durante a súa viaxe aos Estados Unidos de América. Despois exiliouse en México, arribando a Nuevo Laredo o 18 de xullo de 1939.[4] Tivo unha pequena participación na Revolución Cubana ao enviar o primeiro material médico os guerrilleiros de Serra Maestra. En 1960 autorizaron a súa entrada en España, pero en 1966 foi expulsado e non puido regresar ata a morte de Franco.
Foi un dos fundadores da UPG en 1964, marchando dela en 1976 xunto con outros militantes para fundar a UPG-liña proletaria logo rebautizada como Partido Galego do Proletariado, partido marxista-leninista e independentista galego.
Con 17 anos publicou na Arxentina El Eco, de tendencia socialista. En Galicia dirixiu o periódico El Soviet en 1931, e colaborou en Escuela del Trabajo e Ateo. En México colaborou en España Popular, Nuestra Bandera, Loita, Boletín Galego de Información, Saudade e foi o principal animador da revista Vieiros, xunto a Carlos Velo, Arturo Souto e Florencio Delgado Gurriarán.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.