Lois XIV de Francia
rei de Francia e de Navarra / From Wikipedia, the free encyclopedia
Lois XIV de Borbón[2] ou Luís XIV de Borbón (en francés Louis XIV), nado en Saint-Germain-en-Laye o 5 de setembro de 1638 e finado en Versalles o 1 de setembro de 1715, foi rei de Francia e de Navarra dende o 14 de maio de 1643 até a súa morte con case 77 anos de idade e 72 de reinado. Cando era menor de idade, unha revolta da nobreza francesa e do Parlamento de París puxo en perigo o seu trono. Aínda que a revolta foi sufocada polo 1º ministro o cardeal Mazarino, cando Lois XIV accedeu ao trono decidiu reforzar a autoridade monárquica.
Lois XIV de Francia | ||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rei de Francia e Rei de Navarra | ||||||||||||||||||
Rei de Francia e Rei de Navarra | ||||||||||||||||||
14 de maio de 1643 - 1 de setembro de 1715 | ||||||||||||||||||
Predecesor | Lois XIII | |||||||||||||||||
Sucesor | Lois XV | |||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||
Coroación | 7 de xuño de 1654 Catedral de Reims, Reims, Francia | |||||||||||||||||
Nome completo | Louis-Dieudonné de France | |||||||||||||||||
Outros títulos | Delfín de Viennois (1638 - 1643) copríncipe de Andorra (1654-1715) | |||||||||||||||||
Nacemento | 5 de setembro de 1638 Saint-Germain-en-Laye, Francia | |||||||||||||||||
Falecemento | 1 de setembro de 1715 (76 anos) Palacio de Versalles, Versalles, Francia | |||||||||||||||||
Rexente | Ana de Austria (1643-1651) | |||||||||||||||||
Herdeiro | Filipe de Francia (1643-1661) Lois de Francia (1661-1711) Lois de Francia (1711-1712) Lois de Francia (1712) Lois de Francia (1712-1715) | |||||||||||||||||
Consorte | María Tareixa de Austria e Borbón (1660-1683) Madame de Maintenon (1683-1715) | |||||||||||||||||
Descendencia | Lois de Francia Ana Isabel de Francia María Ana de Francia María Teresa de Francia Filipe Carlos de Francia Lois Francisco de Francia | |||||||||||||||||
Casa real | Casa de Borbón | |||||||||||||||||
Himno real | Vive Henri IV (de facto) | |||||||||||||||||
Proxenitores | Lois XIII Ana de Austria | |||||||||||||||||
Na rede | ||||||||||||||||||
Coñecido como o Rei Sol (le Roi Soleil) ou Lois o Grande (Louis le Grand), foi o primoxénito e sucesor de Lois XIII e de Ana de Austria (filla do rei Filipe III de España). Lois XIV incrementou o poder e a influencia francesa en Europa, combatendo en tres grandes guerras: a guerra de Holanda, a guerra dos Nove Anos e a guerra de Sucesión española.
Baixo o seu mandato, Francia non só conseguiu o poder político e militar, senón tamén o dominio cultural con personaxes coma Molière, Racine, Boileau, La Fontaine, Lully, Rigaud, Le Brun e Le Nôtre. Estes logros culturais contribuíron ao prestixio de Francia, do seu pobo, da súa lingua e do seu rei. Lois XIV, un dos máis destacados reis da historia francesa, conseguiu crear un réxime absolutista e centralizado, até o punto de que o seu reinado é considerado o prototipo da monarquía absoluta na Europa. A frase "L'État, c'est moi" ("O estado son eu") atribúeselle frecuentemente, aínda que é considerada polos historiadores como unha imprecisión histórica (se se fai caso ás datas, Lois tería cinco anos cando o dixo), sendo máis probable que a devandita frase fose forxada polos seus inimigos políticos para resaltaren unha visión estereotipada do absolutismo político que Lois representaba. En contraposición a esa cita apócrifa, Lois XIV dixo antes de morrer a causa das queimaduras do Sol, algo moi común na súa época: "Je m'en vais, mais l'État demeurera toujours." ("Marcho, mais o Estado sempre permanecerá").