Lugar de interese xeolóxico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un lugar de interese xeolóxico (LIX) é unha zona xeolóxica única ou de interese científico ou divulgativo catalogada para a súa promoción e protección no estado español. Estes lugares xeolóxicos decláranse pola presenza de estruturas xeolóxicas, de formas do terreo e elementos da súa modelaxe, de tipos de solo, de rochas ou dunha composición mineral, de fósiles ou meteoritos presentes, entre outros, e que son de interese para entender as orixes e evolución das formación xeolóxicas, da vida e do planeta.[1][2]
A declaración destas zonas está amparada pola lei 42/2007 española[3] e actualízase no catálogo de lugares de interese xeolóxico, que é un traballo de colaboración entre o estado, as comunidades autónomas e entidades científicas. En 2017 só Andalucía, Aragón, Cataluña, e Euskadi contaban con inventarios propios e oficiais. Nas demais comunidades é o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IXME) quen mantén o rexistro de lugares de interese xeolóxico actualizado, en colaboración con organismos científicos. O IXME cataloga estes lugares indicando se é un proxecto cartográfico propio, das autonomías ou para o proxecto internacional Geosites.[4]
O número de LIX en España en 2015 foi de 2787, entre os cales estaban 276 unidades declaradas como Global Geosites. Galicia conta con 62 LIX, dos cales 16 son geosites.[2]