agregado natural formado por un ou máis minerais From Wikipedia, the free encyclopedia
En xeoloxía chámase rocha ou roca a calquera agregado natural formado por un ou máis minerais. Un agregado é un sólido cohesionado. As rochas xeralmente están constituídas por varias especies mineralóxicas, pero tamén existen rochas constituídas por un só mineral (rochas monominerálicas), por exemplo algúns mármores (formados unicamente por calcita).
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Na codia terrestre distínguense tres tipos de rochas:
As rochas están sometidas a continuos cambios polas accións dos axentes xeolóxicos, segundo un ciclo pechado (o ciclo das rochas), chamado litoxénese, no cal interveñen ata os seres vivos.
Nas rochas aparecen dous tipos de minerais:
Se ben a maioría das rochas están compostas por varios minerais, algunhas delas poden ser de composición monomineral. Entre estas podemos destacar: o xeso, a anhidrita, a calcaria, composta por calcita e a dolomía (composta case exclusivamente por dolomita). Tamén a diatomita, as radiolaritas e as calcarias fussilínicas son rochas monominerais compostas por esqueletos silíceos de diatomeas (algas unicelulares) e de radiolarios (protozoos microscópicos), no primeiro e segundo casos, e carbonáticos de fussilínidos (protozoos macroscópicos) no terceiro caso. O sal común ou halita (ClNa) tamén pode atoparse formando espesos corpos de rocha que en moitos casos foron explotados durante séculos para o consumo alimenticio, como así tamén na industria. Son famosas polas súas dimensións as minas de sal de Wieliczka, en Polonia, en explotación dende hai 700 anos.
As rochas pódense clasificar de varias formas atendendo a criterios tales como a composición química, a textura, a permeabilidade etcétera. En calquera caso, o criterio máis usado é a orixe.
Constitúense por diaxénese (compactación e cementación a presión e temperaturas normais) dos sedimentos, materiais procedentes da alteración en superficie doutras rochas, que posteriormente son transportados e depositados pola auga, o xeo e o vento, coa axuda da gravidade o por precipitación de disolucións. Tamén se clasifican como sedimentarios os depósitos de materiais organóxenos, formados por seres vivos, como os arrecifes de coral ou os estratos de carbón. As rocas sedimentarias son as que tipicamente presentan fósiles, restos de seres vivos, aínda que estes poidan observarse tamén nalgunhas rochas metamórficas de orixe sedimentaria.
As rocas sedimentarias fórmanse nas concas ou cuncas de sedimentación, as concavidades do terreo a onde os materiais arrastrados poa erosión son conducidos coa axuda da gravidade.
Fórmanse pola solidificación dun magma, unha masa mineral fundida que inclúe volátiles, gases disoltos. O proceso é lento, cando ocorre nas profundidades da codia; ou máis rápido, se o magma se solidifica na superficie. O resultado no primeiro caso son rocas intrusivas ou de profundidade, ou tamén nomeadas rochas abisais ou plutónicas, formadas por cristais grosos e recoñecíbeis; ou rochas volcánicas ou extrusivas, cando o magma chega á superficie, convertido en lava por desgasificación.
As rocas magmáticas intrusivas son as máis abundantes, forman a totalidade do manto e as partes profundas da codia ou crusta terrestre. Son as rocas primarias, o punto de partida para a existencia na codia doutras rochas. Exemplos de rochas intrusivas son: o granito, sienita, diorita, gabro, serpentina...
Tamén se pode falar dun tipo de rochas magmáticas que se constituíron a pequenas profundidades, as rochas filonianas. Son rochas holocristalinas, compactas, de estrutura ou textura porfírica ou afanítica. Os pórfiros son: granítico, diorítico, sienítico...
Dependendo da composición do magma de partida, máis ou menos rico en sílice (SiO2), clasifícanse en ultramáficas (ou ultrabásicas), máficas (básicas), intermedias e siálicas ou ácidas, sendo estas últimas as máis ricas en sílice. En xeral son máis ácidas as máis superficiais.
E logo temos as rochas efusivas ou volcánicas, formadas como resultado da erupción do magma, o seu arrefriamento e solidificación produciuse na superficie da Terra, ou no fondo do mar. Variedades de rochas extrusivas ou volcánicas son: a traquita,a riolita ou liparita, os vidros volcánicos (obsidiana, perlita, pumita ou pedra pómez), os basaltos...
Son as rochas creadas a través da transformación doutras rochas, magmáticas ou sedimentarias, debido a alteracións das condicións ambientais, como a temperatura e a presión. Algúns exemplos son o gneis, formado a partir do granito; o xisto, formada a partir da arxila; o mármore, formado a partir da calcaria, e a cuarcita, formado a partir da arenita.
No contexto do tempo xeolóxico as rochas sofren transformacións debido a distintos procesos. Os axentes xeolóxicos exteriores producen a meteorización, erosión, transporte e sedimentación das rochas da superficie.
Chámase meteorización á acción xeolóxica da atmosfera, que produce unha degradación, fragmentación e oxidación. Os materiais resultantes da meteorización poden ser atacados pola erosión e transportados. A acumulación de fragmentos de rocha desprazados pola gravidade forman derrubos. Cando cesa o transporte dos materiais, estes deposítanse en forma de sedimentos nas cuncas sedimentarias, uns sobre outros, formando capas horizontais (estratos).
Os sedimentos sofren unha serie de procesos (diaxénese) que os transforman en rochas sedimentarias. Aquelas proceden da compactación e cementación de sedimentos; prodúcense nas cuncas sedimentarias, principalmente os fondos mariños.
A compactación é o proceso de eliminación de ocos nun sedimento, debido ao peso dos sedimentos que caen enriba. A cementación é consecuencia producida pola compactación; consiste na formación dun cemento que une entre si aos sedimentos (os fragmentos de rochas).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.