política e diplomática estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Madeleine Jana Korbel Albright,[1] nada como Marie Jana Korbelová en Praga o 15 de maio de 1937 e finada en Washington o 23 de marzo de 2022 foi unha política e diplomática estadounidense.[2][3][4] Foi a primeira muller secretaria de estado da historia do país, servindo entre 1997 e 2001 baixo a presidencia de Bill Clinton.[5]
Albright emigrou xunto coa súa familia aos Estados Unidos en 1948 dende Checoslovaquia. O seu pai, o diplomático Josef Korbel, estableceu a familia en Denver, e converteuse en cidadán estadounidense en 1957.[6][7] Albright graduouse no Wellesley College en 1959 e logrou o seu doutoramento na Universidade de Columbia en 1975, escribindo a súa tese sobre a primavera de Praga.[8] Traballou como axudante do senador Edmund Muskie antes de obter un posto con Zbigniew Brzezinski no Consello de Seguridade Nacional. Serviu no posto ata o final da presidencia de Jimmy Carter en 1981.[9]
Tras deixar o Consello de Seguridade Nacional, Albright uniuse ao claustro de profesores da Universidade de Georgetown e foi conselleira dos candidatos do Partido Demócrata en política exterior. Trala vitoria de Clinton en 1992 axudou a crear o Consello de Seguridade Nacional. En 1993, Clinton nomeouna embaixadora ante as Nacións Unidas, e mantívose no cargo ata 1997, cando sucedeu a Warren Christopher como Secretaria de Estado, continuando ata que Clinton deixou o cargo en 2001.
Albright serviu como xefa do Albright Stonebridge Group dende 2009, e é profesora de Diplomacia na Universidade de Georgetown.[10] En maio de 2012, recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade do presidente Barack Obama.[11] Albright tamén foi directora da xunta do Consello de Relacións Exteriores.[12]
Albright casou con Joseph Medill Patterson Albright en 1959.[13] A parella tivo tres fillos antes de divorciarse en 1982.[14]
Albright foi criada como católica, pero converteuse ao episcopalianismo no tempo do seu matrimonio en 1959. Os seus pais convertéranse ao catolicismo en 1941, durante os primeiros anos de Albright.[15] Cando The Washington Post informou sobre a súa herdanza xudía pouco despois de converterse en secretaria de estado en 1997, Albright considerou a información unha "gran sorpresa".[16] Albright afirmou que non descurbriu ata que tiña 59 anos[17] que os seus pais eran orixinalmente xudeus e unha ducia dos seus familiares xudeus en Checoslovaquia, incluíndo tres dos seus avós, morreran no Holocausto.[18][19][20]
Albright mencionou a súa capacidade física e réxime de exercicios en varias entrevistas. En 2006, afirmou que era capaz de facer leg press con 400 libras.[21][22]
Albright foi listada como unha das cincuenta mulleres de máis de cincuenta anos mellor vestidas por The Guardian en marzo de 2013.[23]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.