Universidade Johns Hopkins

universidade privada norteamericana From Wikipedia, the free encyclopedia

Universidade Johns Hopkinsmap
Remove ads

A Universidade Johns Hopkins, comunmente chamada Johns Hopkins, JHU ou, sinxelamente, Hopkins, é unha universidade privada situada en Baltimore, Maryland (Estados Unidos). Foi fundada o 22 de febreiro de 1876, sendo a primeira universidade dedicada á investigación nos Estados Unidos.

Datos rápidos Tipo, Epónimo ...

A Johns Hopkins ofrece programas de grao e posgrao no seu campus principal, o campus de Homewood, en Baltimore. Ademais, a universidade ten campus, entre outro lugares, en Rockville (capital do condado de Montgomery), Washington, D.C., Boloña (Italia) e Nanjing (China).

A Johns Hopkins está considerada como unha das institucións académicas e de investigación máis importantes do mundo e está entre as universidades máis prestixiosas dos Estados Unidos.

Remove ads

Orixe

Johns Hopkins, quen dá nome á universidade, foi un empresario, abolicionista e filántropo estadounidense que naceu en 1795.[1] Johns, o seu nome de pía, ten un "s" ao final porque se tratabase do apelido de solteira da súa nai. Foi un home de negocios, presidente de banco e magnate dos ferrocarrís, e está considerado como un dos máis grandes financeiros de Baltimore no século XIX. Ao morrer solteiro, en 1873, estableceu no seu testamento a creación dunha universidade dedicada ao estudo e á investigación científica, e tamén dun hospital que brindara a mellor atención médica. Creáronse así o Hospital Johns Hopkins e a primeira universidade dos Estados Unidos dedicada especificamente á investigación científica e aos estudos de posgrao. Grazas a esta doazón de 7 millóns de dólares da época, quedaban por primeira vez directamente vinculados un hospital e unha universidade nos Estados Unidos.[1] Posteriormente establecéronse na universidade tamén estudos de grao.

Remove ads

Campus e centros docentes

Campus de Homewood

Thumb
Biblioteca Milton S. Eisenhower.
Thumb
Gilman Hall.
  • Escola de Artes e Ciencias Zanvyl Krieger. É a escola central da universidade e oferta programas de grao e posgrao.[2] con máis de 40 especialidades de licenciatura e máis de 40 programas de posgrao.
  • Escola de Enxeñaría Whiting. Oferta programas de grao e posgrao.
  • Escola de Educación da Universidade Johns Hopkins. Chamada escola Carey, foi fundada en 1909 como Escola de Estudos Profesionais en Negocios e Educación. O 1 de xaneiro de 2007, separouse en dúas escolas, a Escola de Negocios Carey e a Escola de Educación da Universidade Johns Hopkins.[3]

Campus de Institucións Médicas do Leste de Baltimore

  • Escola de Medicina da Universidade Johns Hopkins. Esta esocola está situada canda o Hospital Johns Hopkins. A Escola de Medicina está amplamente recoñecida como unha das mellores facultades de medicina e centro de investigacións biomédicas do mundo.
  • Escola de Enfermaría da Universidade Johns Hopkins. A Escola de Enfermaría está ligada ao Hospital Johns Hopkins e á Escola de Medicina.
  • Escola Bloomberg de Saúde Pública. A Escola Bloomberg foi fundada en 1916 por William H. Welch e John D. Rockefeller e denominada Bloomberg debido ás xenerosas doazóns do político Michael Bloomberg, estimadas en 107 millóns de dólares.[4] É a primeira e máis grande escola de saúd pública do mundo, con 530 profesores a tempo completo, 620 a tempo parcial e 2.030 estudantes de 84 países.[5]

Campus de Harbor East

  • Escola de Negocios Carey.

Campus de Mount Vernon

  • Instituto Peabody. É a Escola de Música e Conservatorio da universidade.

Campus de Washington, D.C.

  • Escola de Estudos Internacionais Avanzados Paul H. Nitze. A Escola de Estudos Internacionais Avanzados Paul H. Nitze (SAIS) está localizada en Washington, D.C., cerca de Dupont Circle. A escola está dicada aos estudos internacionais, particularmente relacións internacionais, diplomacia e economía. A SAIS ten campus en Boloña (Italia) e Nanjing (China). Fundada en 1943, a Escola uniuse á universidade en 1950.
Remove ads

Gañadores do Premio Nobel relacionados coa Universidade

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads