Magdaleniano
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Magdaleniano[1] (noutras fontes madaleniano ou Madalenense[2]) refírese a unha das culturas mais tardías do Paleolítico superior europeo, comprendida entre arredor de 15.000 e 9.000 anos antes da nosa era[3]. O nome foi proposto por Gabriel de Mortillet a partir do asentamento prehistórico epónimo de La Madeleine, en Dordoña, Francia.