Maggie Gyllenhaal
actriz estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Margalit Ruth "Maggie" Gyllenhaal,[1][2][3] nada en Lower East Side o 16 de novembro de 1977, é unha actriz de cinema estadounidense. Foi nomeada ós premios Óscar e ós Globo de Ouro en dúas ocasións.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Margalit Ruth Gyllenhaal 16 de novembro de 1977 (46 anos) Manhattan, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
Outros nomes | Maggie Gyllenhaal |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Xudaísmo e cristianismo |
Educación | Harvard-Westlake School (en) (–1995) The Mountain School (en) Universidade de Columbia Royal Academy of Dramatic Art The Center for Early Education (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema , actriz de dobraxe , directora de cinema , actriz de televisión , actriz de teatro , guionista |
Período de actividade | 1992 - |
Partido político | Partido Demócrata |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Familia | Gyllenhaal |
Cónxuxe | Peter Sarsgaard (2009–) |
Fillos | Ramona Sarsgaard (en) , Gloria Sarsgaard (en) |
Pais | Stephen Gyllenhaal (pt) e Naomi Foner Gyllenhaal (pt) |
Irmáns | Jake Gyllenhaal |
Premios | |
|
Filla do director Stephen Gyllenhaal e da escritora Naomi Foner Gyllenhaal, e irmá máis vella do actor Jake Gyllenhaal. Tamén ten un medio irmán chamado Luke, que naceu en 2014 froito do segundo matrimonio de Stephen Gyllenhaal. Maggie comezou a súa carreira como actriz nun filme dirixido polo seu pai, e logo conseguiu recoñecemento xunto ó seu irmán en Donnie Darko, unha produción independente que acabaría converténdose en filme de culto. A súa carreira alzou o voo trala comedia romántica sadomasoquista, Secretary, coa que recibiu boas críticas e un nomeamento ós Globos de Ouro.[4] Gyllenhaal elixiu unha gama de papeis diversa, dende filmes independentes como Sherrybaby, polo que tamén foi nomeada ós Globo de Ouro, até comedias románticas como Trust the Man, así como superproducións como World Trade Center e O cabaleiro escuro.
Gyllenhaal é simpatizante do Partido Demócrata e, do mesmo xeito que o seu irmán e os seus pais, apoia á Unión Americana polas Liberdades Civís. Participou nas manifestacións en contra da guerra pola invasión de Iraq en 2003.