político guineano From Wikipedia, the free encyclopedia
Malam Bacai Sanhá, nado en 1947 e finado o 9 de xaneiro de 2012 en París, foi un político de Guinea-Bissau.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de maio de 1947 Empada (Privíncia Ultramarina da Guiné) |
Morte | 9 de xaneiro de 2012 (64 anos) 5.º arrondissement de Paris, Francia (pt) |
Causa da morte | Diabetes mellitus |
Lugar de sepultura | Fortaleza de São José da Amura (pt) |
Presidente de Guinea-Bissau | |
8 de setembro de 2009 – 9 de xaneiro de 2012 ← Raimundo Pereira (pt) – Raimundo Pereira (pt) → | |
Presidente de Guinea-Bissau | |
14 de maio de 1999 – 17 de febreiro de 2000 ← Ansumane Mané (pt) – Kumba Ialá → | |
Membro da Assembleia Popular Nacional da Guiné-Bissau (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Africano para a Independência da Guiné e Cabo Verde (pt) |
Premios | |
|
Elixido o 28 de xuño do 2009[1] asumiu o 8 de setembro do mesmo ano.[2] Anteriormente actuou como presidente interino do seu país, entre o 14 de maio de 1999 e o 17 de febreiro de 2000.
Antigo membro do Partido Africano para a Independencia de Guinea e Cabo Verde (PAIGC), Sanhá actuou como gobernador das rexións de Gabú e Bafatá e ocupou varios cargos ministeriais antes de converterse en presidente da Asemblea Nacional do Pobo en 1994. Unha guerra civil estalou en xuño de 1998 entre elementos do exército que seguían ao xeneral Ansumane Mané e os leais ao presidente João Bernardo Vieira. O 26 de novembro de 1998 Sanhá presidiu a primeira sesión da Asemblea Nacional do Pobo desde o comezo da guerra. Aínda que foi crítico tanto cos rebeldes como con Vieira, focalizou máis as súas críticas neste último. Logo do derrocamento de Vieira o 7 de maio de 1999, Sanhá foi nomeado presidente interino pola xunta militar presidida por Mané o 11 de maio. A súa designación para suceder a Vieira intentouse facer en respecto á Constitución, e debía ocupar o cargo ata as novas eleccións que debían celebrarse a fin de ano. Sanhá tomou posesión do seu cargo o 14 de maio, prometendo paz e o fin das persecucións políticas.
Na primeira volta das eleccións presidenciais subseguintes, celebrada o 28 de novembro de 1999, Sanhá terminou segundo con 23,37% dos votos. Na segunda volta, realizada o 16 de xaneiro de 2000, obtivo soamente o 28,0% dos votos contra o 72,0% de Kumba Ialá. A xunta militar dirixida por Manei apoiaba a candidatura de Sanhá.
Logo dun golpe militar que en 2003 derrotou a Ialá e dun período de goberno de transición, celebráronse novas eleccións presidenciais o 19 de xuño de 2005, nas que tres expresidentes (Sanhá, Vieira e Ialá) foron os principais candidatos. Sanhá, de novo intervindo como candidato do PAIGC, terminou primeiro con 35,45% dos votos. O ex xefe de Estado João Bernardo Vieira situouse segundo con 28,87%. Malia o seu triunfo na primeira volta, Sanhá perdeu a segunda volta que tivo lugar o 24 de xullo de 2005 fronte a Vieira, por 47,65% a 52,35%. Con todo, recusouse a aceptar o resultado, prometendo levar o caso á Suprema Corte.
Sanhá disputou o liderado partidario ao presidente do PAIGC, Carlos Gomes Júnior, no Sétimo Congreso Ordinario de xuño-xullo de 2008. Con todo, Gomes foi reelecto ao final do Congreso, o 1º e 2 de xullo, ao recibir 578 votos contra 355 en favor de Sanhá.
O 2 de marzo de 2009 foi asasinado Vieira nun golpe de estado militar e Raimundo Pereira asumiu o poder interinamente o día seguinte. Os militares prometeron respecto ás regras de succesión establecidas na constitución do país. Houbo eleccións o 28 de xuño de 2009[3] que foron vencidas por Sanhá, que asumiu o poder o 8 de setembro do mesmo ano[2].
En novembro de 2011 foi trasladado a París gravemente enfermo, e faleceu na capital francesa o 9 de xaneiro de 2012, logo de pasar varios días en coma[4].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.