filme de 1999 dirixido por Miloš Forman From Wikipedia, the free encyclopedia
Man on the Moon é un filme estadounidense de 1999 dirixido por Miloš Forman. Está protagonizado por Jim Carrey, no papel do comediante Andy Kaufman. O resto do elenco está composto por Danny DeVito, Courtney Love e Paul Giamatti.
Man on the Moon | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Man on the Moon |
Director | Miloš Forman |
Produtor |
|
Guión | Scott Alexander e Larry Karaszewski |
Intérpretes |
|
Música | R.E.M. |
Fotografía | Anastas N. Michos |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | 22 de decembro de 1999 |
Duración | 119 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido Alemaña Xapón |
Xénero | Comedia, drama e biográfico |
Orzamento | 52–82 millóns de dólares[3][4] |
Recadación | 47 millóns de dólares[4] |
Na rede | |
http://www.universalpictures.com/manonthemoon/ | |
A historia percorre a traxectoria de Kaufman dende a infancia ata os clubs de comedias e as aparicións televisivas que o fixeron famoso, incluíndo as súas memorables aparicións en Saturday Night Live, Late Night with David Letterman , Fridays, e o seu papel de Latka Gravas na comedia de situación Taxi, que foi popular entre os espectadores pero perturbador para os compañeiros de Kaufman. O filme presta especial atención ás diversas bromas interiores, estafas, engaños e acontecementos polos que Kaufman era famoso, como a súa interpretación do personaxe Tony Clifton.
Estreouse o 22 de decembro de 1999 nos Estados Unidos e o 5 de maio de 2000 no Reino Unido por Universal Pictures e Warner Bros. Pictures nalgúns mercados. Aínda que o filme non tivo éxito comercialmente e recibiu críticas mixtas, Carrey recibiu aclamación da crítica pola súa actuación e gañou un Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical, o seu segundo consecutivo despois do seu premio por The Truman Show .
O documental Jim & Andy: The Great Beyond estreouse en 2017 e narra a actuación de Carrey como Kaufman no filme, un personaxe que mantivo durante gran parte da produción do mesmo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.