patriota e compañeira sentimental de Simón Bolívar From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuela Sáenz Aizpuru, nada en Quito, Imperio español o 27 de decembro de 1797 e finada en Paita, Perú o 23 de novembro de 1856,[1] foi unha patriota quiteña, recoñecida pola historiografía independentista hispanoamericana contemporánea como heroína da Independencia de América do Sur. É coñecida tamén como Manuelita Sáenz e como "Libertadora do Libertador" alcume que lle outorgou Simón Bolívar ó salvarlle a vida durante a Conspiración Setembrina en Bogotá, Colombia.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Manuela Sáenz de Vergara y Aizpuru 27 de decembro de 1797 Quito (Imperio Español) |
Morte | 23 de novembro de 1856 (58 anos) Paita, Perú (pt) |
Causa da morte | Difteria |
Lugar de sepultura | Paita (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Vicerreinado de Nova Granada Bolivia Gran Colombia Perú Ecuador |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | oficial , política , activista política , activista LGBT |
Lingua | Lingua castelá, lingua francesa e lingua inglesa |
Familia | |
Parella | Simón Bolívar |
Premios
| |
En 1817 casou, nun matrimonio pactado pola familia, co adiñeirado médico inglés James Thorne, co que se asentaría en Lima. Foi aquí onde Rosa Campuzano a foi introducindo nos círculos dos patriotas peruanos.[3]
Manuela Sáenz comezou a participar no movemento pola independencia no ano 1819, onde era colaboradora dos patriotas peruanos en Lima. Tamén fixo de espía, de correo e coadxuvou ao cambio do batallón realista Numancia cara ás filas patriotas. Por todo este activismo foi condecorada co título de "caballeresa del Sol" polo xeneral San Martín en 1821, logo da toma de Lima e a proclamación de independencia.[1]
Coñeceu a Simón Bolívar á súa entrada en Quito o 16 de xuño de 1822. Enfrontándose as convencións sociais da época, separouse do seu marido e converteuse na amante e compañeira de Simón Bolívar ata morte deste en 1830. En 1823, acompañouno ao Perú e formou parte activa das campañas pola independencia, como integrante do Estado Maior e tamén como conselleira.[3]
Logo da morte de Simón Bolívar foi expulsada de Colombia, de onde partiu primeiramente a Xamaica e máis tarde a Paita, onde viviu ata a súa morte. Morreu de difteria, consecuencia dunha epidemia rexistrada nesta rexión. Nos últimos anos da súa vida vivira con escasos recursos; foi incinerada nunha fosa común e as súas pertenzas foron queimadas.[1]
Despois da revolución, a figura de Manuela desapareceu da literatura. Entre 1860 e 1940 só tres escritores ecuatorianos escribiron sobre ela e sobre a súa participación na revolución,[4] e estes escritos represéntana exclusivamente como a amante de Simón Bolívar ou como unha muller incapaz de participar activamente na esfera política. Estas representacións incidiron tamén na súa femininidade como alicerce da súa caracterización.[4] Porén, na década de 1940 produciuse un cambio significativo na súa consideración histórica e na súa caracterización. Obras como Papeles De Manuela Saenz de 1945, por Vicente Lecuna, que é unha recompilación de documentos sobre a vida de Bolívar, desmentiron o estereotipo popular sobre Manuela.[4] Un dos defensores da relevancia de Manuela Sáez foi Carlos Álvarez Saá, quen a finais do século XX recuperou a súa imaxe, recompilou documentos orixinais e outros obxectos para crear un museo adicado a ela en Quito.[5] As ideas sobre se tiña desviacións sexuais, se era moi feminina ou incapaz foron substituídas por retratos máis favorables co avanzar do século XX.
Segundo Pamela Murray, a historiografía sobre Manuela Sáenz durante o século XX tivo dúas correntes opostas: a primeira dedícalle adxectivos como "tola" ou "inmoral" mentres que unha segunda ensalza as súas virtudes, representándoa como a libertadora do libertador. A partir da metade do século comezan a aparecer biografías máis completas e máis tarde, na década dos setenta, saen á luz novas achegas relacionadas con correntes historiográficas vinculadas ós estudos de historia das mulleres e a perspectiva de xénero.[5]
A finais do século XX producíronse cambios na súa representación que foron coherentes cos cambios ideolóxicos que se estaban a producir en América Latina, como o incremento do feminismo na década de 1980 e o nacionalismo das décadas 1960 e 1970. As representacións na obra ficticia El general en su laberinto de Gabriel García Márquez e a non ficticia Manuela Saenz La Libertadora del Libertador de Alfonso Rumazo González, contribuíron á humanización efectiva dentro da cultura popular e axudaron a politizar a súa imaxe.[6] A novela de Alfonso Rumazo foi especialmente conmovedora polo seu nacionalismo panamericanista que estaba representado pola participación de Manuela nas guerras de independencia. Manuela fíxose cada vez máis popular entre as feministas radicais latinoamericanas, e a súa imaxe foi usada como punto de encontro das causas indolatinas da década de 1980.[6] A imaxe de Manuela de a cabalo con roupa de home, popularizada en El general en su laberinto, foi recreada polas manifestantes en Ecuador en 1998.[6]
Case dous séculos despois da súa morte, é unha personaxe que continúa aínda espertando odios ou amores e ocasionando debates e controversias.[7] O 25 de maio de 2007, o goberno ecuatoriano deulle a Manuela de xeito simbólico o rango de xeneral.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.