Simón Bolívar

militar e político español From Wikipedia, the free encyclopedia

Simón Bolívar
Remove ads

Simón José Antonio de la Santísima Trinidad Bolívar y Palacios, coñecido como Simón Bolívar (Es-Simon Bolivar.oga pronunciación ), e tamén coloquialmente por El Libertador,[1] nado en Caracas o 24 de xullo de 1783[2][n. 1][n. 2] e finado en Santa Marta (Colombia) o 17 de decembro de 1830, foi un líder político e militar venezolano[3] que levou, a independizarse do Imperio español, aos que hoxe son os estados de Venezuela, Colombia, Ecuador, e Panamá, axudou tamén a consolidar a independencia do Perú, e aprobou o recoñecemento de Bolivia como república.[4]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Liderou as campañas que deron a independencia a varias nacións americanas, ademais foi fundador da Gran Colombia. Tamén foi lexislador e redactor de constitucións, ambientalista e xurista. Levou a cabo o Congreso Anfictiónico de Panamá, para crear unha confederación hispanoamericana, que uniría desde México até a Arxentina. No entanto, debido a conflitos políticos económicos internos na Gran Colombia, non puido continuar con este proxecto emancipador que incluía a Cuba, Porto Rico, A Florida e do apoio militar á independencia das Provincias Unidas do Río da Prata. Polos seus actos durante a Campaña Admirable, outorgóuselle tamén o título de Libertador de Venezuela.

Bolívar naceu no seo dunha acomodada familia crioula e, como era habitual entre os herdeiros das familias de clase alta da época, cando tiña 16 anos foi enviado a España para completar a súa educación, trasladándose posteriormente a Francia. Durante a súa estadía en Europa coñeceu as ideas da Ilustración, que máis tarde o motivaron para derrocar o reinado colonial español en Suramérica. Aproveitando a desorde provocada pola Guerra da Independencia española, Bolívar comezou a súa campaña pola independencia en 1808.[5] Despois da vitoria na batalla de Boyacá o 7 de agosto de 1819, o vicerreinado de Nova Granada deixou de ser efectivo, instaurando Bolívar a República da Gran Colombia nos territorios dos actuais estados de Colombia e Venezuela. A pesar de varios atrancos, incluída a chegada dunha forza expedicionaria española sen precedentes, a nova república quedou definitivamente consolidada despois do triunfo dos revolucionarios na Batalla de Carabobo en 1821. Nese mesmo ano incorpórase Panamá, e no ano seguinte a provincia de Quito, en maio, e a Provincia Libre de Guayaquil, en xullo. Bolívar foi presidente da Gran Colombia de 1819 a 1830.

En posteriores campañas, Bolívar liberou Perú e Bolivia, esta última nomeada así na súa honra. Foi simultaneamente presidente da Gran Colombia (formada polos actuais países de Venezuela, Colombia, Panamá e Ecuador), Perú e Bolivia, aínda que pouco despois o seu segundo ao mando, Antonio José de Sucre, foi nomeado presidente de Bolivia. Bolívar tiña como obxectivo unha América hispana forte e unida capaz de facer fronte non só ás ameazas que emanaban de España e da Santa Alianza europea, senón tamén do poder emerxente dos Estados Unidos. No punto álxido do seu poder, Bolívar gobernou un amplo territorio desde a fronteira arxentina ata o Caribe.

Bolívar loitou en 472 batallas, 79 das cales foron importantes; e durante as súas campañas montou a cabalo unha distancia de 123 000 quilómetros, que é dez veces máis que o percorrido por Haníbal, tres veces máis que Napoleón, e o dobre que Alexandre o Grande.[6] Bolívar é visto coma unha icona nacional na maioría da Suramérica moderna, e está considerado un dos grandes heroes dos movementos de independencia da América Latina de comezos do século XIX, xunto con José de San Martín, Francisco de Miranda e outros. Cara a fin da súa vida, Bolívar amosou unha certa decepción. Atribúeselle a frase "arei no mar e sembrei no vento" cando se desmembrou a Gran Colombia;[7] e nun discurso ao Congreso Constituínte da República de Colombia, Bolívar declarou: "Compañeiros cidadáns! Abofé en dicir isto: a independencia é o único beneficio que obtivemos, en detrimento de todo o resto".[8]

Remove ads

Historia familiar

Devanceiros

O apelido paterno Bolívar procede da vila biscaína de Ziortza-Bolibar no País Vasco.[9] Por liña materna, Bolívar descende de familias das Illas Canarias.[10]

En 1589, procedente de Santo Domingo, onde estaba servindo ao noble e militar español Diego de Osorio[11], chegou a Venezuela o primeiro Bolívar,[12] o contador Simón Otxoa de Bolíbar y la Rentería, coñecido como Simón de Bolíbar “o Vello”. Ía acompañando a Diego de Osorio cando este foi nomeado Gobernador e Capitán Xeneral de Venezuela, para desempeñar o cargo de Secretario de Residencia.[13] Chegou a Venezuela co seu fillo, nado en Santo Domingo, Simón de Bolíbar "o Mozo".[13]

O mozo Simón seguiu os pasos do seu pai e chegou a ser auditor da tesourería real. En 1593 recibiu unha encomenda polos seus servizos, sendo recompensado cunhas terras de labor no val de San Mateo, e casou coa filla doutro encomendero. Seguindo os costumes da época, o fillo do mozo Simón, Antonio, casou cunha muller doutra familia de encomenderos. O fillo de Antonio, Juan de Bolívar de Villegas (avó do Libertador) casou con María Petronila de Ponte y Marín. Con esta unión, Juan chegou a ser un dos homes máis ricos de Venezuela.[11] Cómpre destacar a ascendencia galega do Libertador por parte da súa avoa, xa que o avó materno desta, Jacinto de Ponte y Andrade, era oriúndo de Santiago de Compostela.[14]

Simón Bolívar era fillo de Juan Vicente Bolívar y Ponte e de María de la Concepción Palacios y Blanco, que eran membros destacados da aristocracia de Caracas. Cando casaron, en 1773, había entre eles unha gran diferenza de idade pois Juan Vicente, daquela, contaba con 47 anos e María de la Concepción, 15.[15] Ademais de Simón, tiveron catro fillos máis: tres maiores que Simón -Juan vicente, María Antonia e Juana Nepomucena- e unha irmá máis pequena, María del Carmen, quen morreu aos poucos de nacer.[16]

Árbore xenealóxica ascendente de Simón Bolívar

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Antonio Bolívar y Díaz de Rojas
 
 
 
 
 
 
 
8. Capitán Luis Bolívar Rebolledo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Leonor Rebolledo Argumedo
 
 
 
 
 
 
 
4. Juan de Bolívar y Martínez de Villegas
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Lorenzo Martínez de Villegas
 
 
 
 
 
 
 
9. Ana María Martínez de Villegas y Ladrón de Guevara
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Magdalena Ladrón de Guevara y Rojas
 
 
 
 
 
 
 
2. Juan Vicente Bolívar y Ponte-Andrade
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Jacinto Ponte-Andrade
 
 
 
 
 
 
 
10. Pedro Ponte-Andrade y Jaspe de Montenegro
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. María Jaspe de Montenegro
 
 
 
 
 
 
 
5. María Petronila Ponte-Andrade y Marín de Narváez
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Francisco Marín de Narváez y Vílchez
 
 
 
 
 
 
 
11. María Josefa Marín de Narváez
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Josefa María de Narvaéz
 
 
 
 
 
 
 
1. Simón José Antonio de la Santísima Trinidad Bolívar y Palacios Ponte-Andrade y Blanco
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. José Palacios de Aguirre y Ariztía-Sojo y Ortiz de Zárate
 
 
 
 
 
 
 
12. Feliciano Palacios de Aguirre y Ariztía-Sojo y Gedler
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Isabel María Gedler Rivilla
 
 
 
 
 
 
 
6. Feliciano Palacios de Aguirre y Ariztía-Sojo y Gil de Arratia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Francisco Gil de Arratia
 
 
 
 
 
 
 
13. Isabel María Gil de Arratia y Aguirre-Villela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. María Rosa Aguirre-Villela y Laya-Mojica
 
 
 
 
 
 
 
3. María de la Concepción Palacios y Blanco
Marquesa de San Luis
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Mateo Blanco Infante
 
 
 
 
 
 
 
14. Mateo José Blanco y Fernández de Araújo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Josefa Fernández de Araújo y Rivilla
 
 
 
 
 
 
 
7. Francisca Blanco Herrera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Juan Ascencio de Herrera y Ascanio
 
 
 
 
 
 
 
15. Isabel Clara de Herrera y Liendo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Paula Rosa de Liendo y Ochoa
 
 
 
 
 
 
Remove ads

Primeiros anos

Thumb
Casa natal de Simón Bolivar en Caracas.

Infancia

Simón naceu na noite do 24 ao 25 de xullo de 1783 nunha casa solariega situada na praza San Jacinto de Caracas.[n. 3] Foi bautizado o 30 de xullo de 1783 na catedral de Caracas cos nomes de Simón José Antonio de la Santísima Trinidad Bolívar Ponte y Palacios Blanco[2] polo doutor Juan Félix Jerez de Aristeguieta, o seu primo irmán quen, de acordo con Juan Vicente, pai do neno, púxolle o nome de Simón. O segundo nome de Simón Bolívar (Santísima Trinidad) vén da capela na que foi bautizado, que ten ese mesmo nome, capela que ademais era propiedade da familia Bolívar e Palacios. Tiña tres irmáns: María Antonia (1777), Juana (1779) e Juan Vicente (1781).

Sendo Bolívar un neno este foi criado por unha amiga da súa nai, dona Inés Manceba de Miyares, xunto coa escrava desta, Matilda, e pola escrava da familia, Hipólita,[17] experiencia que tivo unha gran transcendencia na súa vida.[18] O pai de Simón morreu de tuberculose en xaneiro de 1786, cando Simón tiña apenas dous anos de idade. Concepción quedou como cabeza de familia, velando eficientemente polos intereses da familia até a súa morte.[19]

Con todo, as responsabilidades fixeron que a súa saúde, tamén enferma de tuberculose, decaese rapidamente e, segundo a opinión de médicos historiadores, é posible que xa entón Bolívar sufrise a primo-infección tuberculosa, este é un tipo de tuberculose que pasa inadvertida mentres as defensas corporais son favorables.

Concepción morreu o 6 de xullo de 1792, cando Simón tiña nove anos, pero tomando a precaución de facer un testamento no que dispuxo quen debería facerse cargo dos seus fillos.

Despois da morte da súa nai, Bolívar quedou dous anos baixo a custodia do instrutor Miguel José Sanz, despois do cal foi enviado de volta ao seu fogar.[20]

Os irmáns Bolívar pasaron entón á custodia do seu avó, Feliciano Palacios, que cando asumiu o papel de titor sentiase tan enfermo que empezou a preparar tamén o seu testamento para designar un substituto como titor dos seus netos e decidiu pedir opinión a estes para respectar a súa vontade.

Simón foi confiado a Esteban Palacios y Blanco, un dos seus tíos maternos, pero como este se atopaba en España permaneceu baixo a custodia de Carlos Palacios y Blanco, outro dos seus tíos, que polo visto era un home co que non se levaba ben e que era basto, de carácter duro, mentalidade estreita, que se ausentaba frecuentemente de Caracas para atender as súas propiedades e que por tanto adoitaba deixar ao seu sobriño atendido pola servidume e asistindo pola súa conta á Escola Pública de Caracas.

Educación

Thumb
Simón Rodríguez foi mestre de Bolívar.

A traxectoria escolar de Bolívar non foi moi brillante como alumno da Escola Pública, institución administrada polo cabido de Caracas que funcionaba de forma deficiente debido á carencia de recursos e organización.

Naquel entón, Simón Rodríguez era mestre de Bolívar nesta escola. Carlos Palacios y Blanco, tío materno de Bolívar, pensaba envialo a vivir con el porque non podía atendelo persoalmente e as protestas da súa sobriña María Antonia sobre a educación e atencións que recibía o seu irmán eran frecuentes.

Ante a perspectiva de vivir co seu mestre, Simón escapou da casa do seu tío o 23 de xullo de 1795, para refuxiarse na casa da súa irmá María Antonia, que exerceu a súa custodia temporal, ata que se resolveu o litixio xudicial na Real Audiencia de Caracas que devolveu a Carlos a custodia de Simón.[17]

Simón tratou de resistirse, pero foi sacado pola forza de casa da súa irmá e levado polo aire por un escravo até a vivenda do seu mestre.

Unha vez alí, as condicións nas que vivía co mestre Rodríguez non eran as ideais, tiña que compartir o espazo con 20 persoas nunha casa non apta para iso, e por isto Simón escapou de alí un par de veces, nas que terminou volvendo por orde dos tribunais.

A pesar das dificultades, a relación mestre-alumno foi frutífera e reveladora para ambos. A aprendizaxe foi mutuo. Bolívar chamou a Rodríguez "O Sócrates de Caracas" e "filósofo cosmopolita". A profunda admiración que sentia Bolívar polo seu mestre quedou documentada nunha carta do 19 de xaneiro de 1824, na que comeza dicindo: "Oh, o meu Mestre" e prosegue máis adiante: "Sen dúbida é vostede o home máis extraordinario do mundo".[21] Temas de conversación entre Rodríguez e Bolívar non se coñecen de primeira man nin documentalmente, máis cando Rodríguez tiña 33 anos e Bolívar de 21, mestre o primeiro, discípulo o segundo, aquel escribiu "aseguro que fun discípulo, pois por adiviñación el sabía máis que eu por meditación e estudo".[22]

Ao pouco tempo, Rodríguez renunciou ao seu cargo de mestre para irse a Europa[23] e a Real Audiencia de Caracas determinou que Simón fose trasladado á Academia de Matemáticas, dirixida polo pai Andújar e que funcionaba en casa do seu tío Carlos. A amizade entre os dous perdurou por sempre.

Ao parecer, nesta academia a formación de Bolívar mellorou notablemente en calidade e cantidade, e foi complementada con leccións de Historia e Cosmografía impartidas por Andrés Bello até o seu ingreso no Batallón de Milicias de brancos dos Vales de Aragua o 14 de xaneiro de 1797.[24]

Existe a falsa idea de que entre 1793 e 1795, estivo inscrito no Colexio Real de Sorèze no Sur de Francia, no departamento de Tarn.[25]

A demais recibiu educación privada dos renomeados profesores Guillermo Pelgrón, José Antonio Negrete, Fernando Vides, o pai Andújar, e Simón Rodríguez, anteriormente coñecido como Simón Carreño. Simón Rodríguez converteuse en profesor, amigo e mentor de Simón Bolívar. Apredendeulle a nadar e cabalgar, así como nocións de liberdade, dereitos humanos, política, historia e socioloxía.[24] Posteriormente, Rodríguez foi fundamental na decisión de Bolívar de comezar a revolución, inculcando nel as ideas de independencia, iluminación e liberdade.[24] Mentres tanto, Bolívar foi coidado principalmente pola súa neneira, a escrava Hipólita, á que despois chamou "a única nai que coñecín".[26]

Primeira viaxe a Europa e matrimonio

Thumb
Casa do marquesado de Uluapa, onde se hospedou Simón Bolívar durante a súa estancia na Cidade de México.
Thumb
Retrato de Simón Bolívar á idade de 17 anos (1801).

Bolívar foi enviado a España aos 16 anos para continuar os seus estudos, partiu do porto de La Guaira, con destino a Cádiz,[27] a bordo do navío de liña[n. 4] "San Ildefonso".[28] Durante a viaxe o navío fixo escala no porto de Veracruz do Vicerreinado de Nova España, o que chegou o 1 de febreiro de 1799. Aí Bolívar recibiu a noticia de que a partida se demoraría debido ao bloqueo de barcos ingleses a A Habana, polo que decidiu visitar as cidades de Jalapa, Puebla e a Cidade de México,[28] embarcándose de nova en Veracruz o 20 de marzo do mesmo ano para continuar a súa viaxe.

Chegou a Santoña (Cantabria), na costa norte de España, en maio de 1799.[29] Pouco máis dunha semana despois,[30] chegou a Madrid e uniuse a o seu tio Esteban,[31] quen considerou a Bolívar "moi ignorante".[32] Esteban pediu a Gerónimo Enrique de Uztáriz y Tovar, natural de Caracas e funcionario do Goberno, que educase a Bolívar.[33][34] Bolívar mudouse á residencia de Uztáriz en febreiro de 1800 e recibiu unha educación en estudos clásicos, literatura e ciencias sociais.[35][36]

Thumb
Casa que hospedou a Simón Bolívar durante a súa estancia en Bilbao entre marzo de 1801 e abril de 1802.

En 1800, coñeceu, en Madrid,[37] á moza María Teresa Rodríguez del Toro y Alayza, filla doutro crioulo rico de Caracas.[38] En agosto de 1800 María Teresa aceptou o noivado con Simón Bolívar [39] pero separaronse cando os del Toro marcháronse de Madrid a súa residencia de verán en Bilbao.[40] Despois de que Uztáriz abandonase Madrid para ocupar un cargo gobernamental en Teruel en 1801,[39][41] O propio Bolívar partiu cara a Bilbao e permaneceu alí cando os del Toro regresaron á capital en agosto de 1801.[42] A principios de 1802, Bolívar viaxou a París mentres esperaba o permiso para regresar a Madrid, permiso que lle foi concedido en abril.[43]

Contraeron matrimonio o 26 de maio de 1802, cando Bolívar tiña 19 anos e María Teresa 21,[44][45] na desaparecida igrexa de San José que estivo no lugar que agora ocupa a rúa de Gravina con esquina Luís de Góngora (e en ocasións confundida co templo do mesmo nome situado na rúa de Alcalá onde foi transferida a Parroquia de San José en 1838)[46] Ao cabo duns 20 días trasladáronse a A Coruña.

Thumb
Bolívar casa con María Teresa del Toro en 1802.
Thumb
A Casa do Vínculo e do Retorno, en Caracas, onde viviu o matrimonio Bolívar desde xullo de 1802 até xaneiro de 1803.

Tras un breve paso pola Coruña, o 15 de xuño de 1802 a parella de recentemente casados embarcou no San Ildefonso e partiron cara a Caracas, desembarcando o 12 de xullo na Guaira. Despois dunha curta estadía en Caracas, na Casa do Vínculo e do Retorno, situada nunha esquina que daba á Praza Maior de Caracas, hoxe Praza Bolívar, trasladáronse á "Casa Grande" da facenda Ingenio Bolívar en San Mateo. María Teresa enfermou pouco despois de "febres malignas" —hoxe día identificadas indistintamente como febre amarela ou paludismo— polo que o matrimonio regresou a súa Casa do Vínculo, en Caracas, onde ela morreu o 22 de xaneiro de 1803, oito meses despois do casamento.[47]

O mozo Bolívar dedicouse a viaxar, transido de dor, para mitigar a pena que lle causou o falecemento da súa esposa. Foi neste estado de ánimo cando xurou non volver casar xamais. Devandito xuramento expúñase como un acto de rebeldía en contra da dor ao que pode conducir a entrega incondicional dos sentimentos. Perdendo aos seus pais durante a súa infancia, María Teresa representou para Bolívar un último e definitivo intento de arraigamento signado pola traxedia. A dor causada por esta morte súbita e inesperada levarao a evadir no futuro calquera vínculo raigal. En diante non volverá entregar amor puro e permanente a muller algunha, tampouco máis adiante ningunha muller o atara en forma definitiva.

Thumb
Bolívar cando tiña 20 anos, en 1804.

Segunda viaxe a Europa

Bolívar decidira abandonar Venezuela e partir cara a Europa. Encomendou as súas propiedades a un axente e ao seu irmán, e en outubro embarcou nun barco con destino a Cádiz.[48] onde arrivou a finais de 1803 e, a seguir, marcha a Francia instalándose en París[49] e viaxando a diferentes países europeos. Encontrándose en Milán, foi testemuña da coroación de Napoleón Bonaparte como rei de Italia (un reino no norte da Italia moderna unido a Francia a través da súa persoa), un evento que lle deixou unha profunda impresión. Aínda que en desacordo coa coroación, quedou moi sensibilizado pola veneración popular inspirada polo heroe.[24]

Remove ads

Carreira política e militar

O libertador

Thumb
El Libertador (Bolívar diplomático), 1860. Óleo sobre tea 107×69 de Aita (pseudónimo de Rita Matilde de la Peñuela, 1840-?), localizado na colección de arte do Banco Central de Venezuela.

Bolívar volveu para Venezuela en 1807. Cando Napoleón converte a Xosé rei de España e das súas colonias en 1808, Bolívar pasa a participar nas xuntas de resistencia na América. A xunta de Caracas declara a independencia en 1810, e Bolívar marcha para a Inglaterra nunha misión diplomática.

Volve á Venezuela en 1811. En xullo de 1812, o líder da xunta, Francisco de Miranda réndese, e Bolívar ten que fuxir para Cartaxena de Indias. É aquí que Bolívar escribe o Manifesto de Cartagena .

En 1813 lidera a invasión da Venezuela. Entra en Mérida o 23 de maio, sendo proclamado El Libertador ("o libertador"), recaptura Caracas o 6 de agosto e proclama a segunda república Venezolana. Pasa, entón, a comandar as forzas nacionalistas da Colombia , capturando Bogotá en 1814. Entre tanto, despois dalgúns contratempos militares, Bolívar é obrigado a fuxir, en 1815, para a Xamaica onde pide axuda ó líder Haitíano Alexander Sabes Petión.

En 1816, concedida esa axuda, Bolívar regresa os combates, desembarcando na Venezuela e capturando Angostura (hoxe, Ciudad Bolívar).

El Integrador

Thumb
Simón Bolívar, Francisco de Paula Santander e Antonio Nariño no Congreso de Colombia en outubro de 1821.

En 1826, Bolívar tenta promover a integración continental ao convocar o Congreso do Panamá. Compareceron ao congreso representantes da Colombia, da Guatemala, de México, do Perú e dos Estados Unidos. Será o principio das Conferencias Panamericas.

Bolívar tivo moitas dificultades para administrar a chamada Gran Colombia. Durante o ano 1826 varias revoltas ocorreron en Venezuela, e, a pesar da amnistía e do arranxo de goberno coa participación dos rebeldes, creceu a disidencia política na rexión de Nova Granada.

Bolívar proclamouse ditador en 1828, a pesar de crer que sería unha medida provisoria. Sufriu unha tentativa de asasinato en setembro de 1828 e, aínda que frustrado, este acontecemento afectou o resto da súa vida.

Remove ads

Últimos días e morte

Thumb
Morte de Bolívar, cadro do pintor venezolano painter Antonio Herrera Toro.

Bolívar renunciou á presidencia o 27 de abril de 1830, coa intención de deixar o país e exiliarse en Europa.[50] Xa enviara a Europa varios vultos contendo as súas pertenzas e escritos[51], pero morreu antes de poder embarcar en Cartaxena.

Thumb
Debuxo de Bolívar feito por José María Espinosa en 1830, o ano da súa morte.

O 17 de decembro, á idade de 47 anos, Bolívar morreu de tuberculose na Quinta de San Pedro Alejandrino en Santa Marta, Gran Colombia (hoxe Colombia).[52] No seu leito de morte, Bolívar pediulle ao seu axudante de campo, Xeneral O'Leary, que queimara o que quedaba do seu extenso arquivo de escritos, cartas e discursos. O'Leary desobedeceuno e os seus escritos sobreviviron, provendo aos historiadores de abundante información sobre a filosofía liberal e o pensamento de Bolívar, así como de detalles da súa vida privada, como a súa longa relación amorosa con Manuela Sáenz. Pouco antes da súa morte en 1856, Sáenz aumentou esta colección entregándolle a O'Leary as cartas que recibira de Bolívar.[51]

Thumb
Traslado dos restos de Bolívar de Santa Marta a Caracas.

Bolívar foi sepultado na catedral de Santa Marta. Doce anos máis tarde, en 1842, e atendendo unha petición do presidente venezolano José Antonio Páez, os seus restos foron trasladados a Caracas, onde foi soterrado na catedral ao carón da súa dona e os seus pais. En 1876, foi novamente movido ao Panteón Nacional de Venezuela. A Quinta onde morreu preservouse coma un museo con numerosas referencias á súa vida. En 2010, os "restos simbólicos" da súa amante nos últimos anos, Manuela Sáenz, foron tamén soterrados no Panteón Nacional[53]

En xaneiro de 2008, o daquela presidente de Venezuela, Hugo Chávez, estableceu unha comisión para investigar a teoría de que Bolívar fora vítima dun asasinato.[54] Nalgunhas ocasións, Chávez manifestara que Bolívar fora en realidade envelenado polos "traidores de Nova Granada".[55] En abril de 2010, o especialista en enfermidades infecciosas Paul Auwaerter estudou os rexistros dos síntomas da doenza de Bolívar e concluíu que podería ter sufrido intoxicación por arsénico, pero que tanto o envelenamento coma o asasinato eran improbables.[56][57] En xullo de 2010 foi exhumado o corpo de Bolívar para avanzar na investigación.[58] En xullo de 2011 o comité internacional de expertos forenses fixo público o seu informe, alegando que non había probas de que Bolívar fose envelenado ou morrera por calquera outra causa que non fose natural.[59]

Remove ads

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads