From Wikipedia, the free encyclopedia
Margaret Hamilton, nada en Paoli, Indiana o 17 de agosto de 1936, é unha científica, matemática e enxeñeira de software.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de agosto de 1936 (88 anos) Paoli, Estados Unidos de América (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Earlham College (pt) - matemáticas (–1958) University of Michigan College of Literature, Science, and the Arts (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Ciencias da computación |
Ocupación | informática teórica , enxeñeira , matemática , empresaria |
Empregador | NASA MIT Computer Science and Artificial Intelligence Laboratory (pt) Charles Stark Draper Laboratory (en) Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Interesada en | Ciencias da computación |
Premios
| |
Estudou matemáticas no Earlham College e tras graduarse mudouse a Massachusetts na procura de obter un posgrao. No seu lugar comezou a traballar como desenvolvedora de software no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Comezou traballando na programación de programas meteorolóxicos para a predición do tempo.
Durante a carreira espacial da guerra fría entre os Estados Unidos e Rusia, Margarett converteuse na cabeza do equipo de programación da NASA para a misión de levar o home á Lúa. Conseguiu xunto cos seus compañeiros crear un software válido para unha viaxe de ida e volta á lúa. A maiores Hamilton inventou un programa que lle permitía ao ordenador dar prioridade e refugar tarefas innecesarias, o cal salvou os dous astronautas que ían a bordo, Neil Armstrong e Buzz Aldrin, de colidir ao chegar ao satélite.[1]
Hamilton recibiu o premio á Medalla Presidencial de Liberdade en 2016 de man de Barack Obama, e fundou Hamilton Tecnologies, a súa propia compañía de programación de software.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.