María I de Escocia
raíña de Escocia entre 1542 e 1567 / From Wikipedia, the free encyclopedia
María I, de nome María Estuardo (inglés: Mary Stuart, Mary Stewart ou Marie Steuart);[lower-roman 1] nada o 8 de decembro de 1542 e finada o 8 de febreiro de 1587), foi raíña de Escocia do 14 de decembro de 1542 ao 24 de xullo de 1567. Única filla lexítima de Xacobe V, con seis días de idade sucedeu ao seu pai no trono escocés. Pasou a maior parte da súa infancia en Francia, mentres Escocia era gobernada por rexentes. En 1558 desposouse co delfín Francisco, quen ascendeu ao trono francés en 1559. María foi brevemente raíña consorte de Francia ata a morte repentina de Francisco en decembro de 1560. Xa viúva, regresou á súa terra o 19 de agosto de 1561. Catro anos máis tarde, casou co seu curmán Henrique Estuardo, con quen, en xuño de 1566, tivo o seu único fillo, Xacobe.
María I Estuardo | |
---|---|
Raíña de Escocia, Raíña Consorte de Francia | |
Raíña de Escocia | |
14 de decembro de 1542 - 24 de xullo de 1567 | |
Predecesor | Xacobe V de Escocia |
Sucesor | Xacobe VI de Escocia |
Raíña consorte de Francia | |
10 de xullo de 1559 - 5 de decembro de 1560 | |
Predecesor | Catarina de Medici |
Sucesor | Isabel de Austria |
Coroación | 9 de setembro de 1543 |
Outros títulos | Raíña consorte de Francia, raíña titular de Inglaterra, Irlanda e Francia. |
Nacemento | 8 de decembro de 1542 Palacio de Linlithgow, Escocia |
Falecemento | 8 de febreiro de 1587 Castelo de Fotheringhay, Northamptonshire, Inglaterra |
Consorte | Francisco II de Francia Henrique Estuardo, Lord Darnley Xacobe Hepburn |
Casa real | Casa de Estuardo |
Proxenitores | Xacobe V de Escocia María de Guisa |
Na rede | |
En febreiro de 1567, a residencia da súa consorte foi destruída por unha explosión e Henrique foi atopado asasinado no xardín. Pensouse que James Hepburn orquestrara o asasinato, pero foi absolto dos cargos en abril de 1567 e, ao mes seguinte, uniuse en matrimonio coa viúva. Logo dunha sublevación contra a raíña, foi encerrada no castelo do lago Leven. O 24 de xullo de 1567 forzárona a abdicar a favor do seu fillo dun ano de idade. Tras un intento fracasado de recuperar o trono, fuxiu cara ao sur en busca da protección da súa «curmá» ou tía Isabel I,[2][3][4][lower-roman 2] raíña de Inglaterra. Antes de chegar a Inglaterra, María xa reclamara dereitos ao trono inglés e moitos católicos ingleses considerábana a lexítima soberana, entre eles os participantes nunha rebelión coñecida como o Levantamento do Norte. Ao percibila como unha ameaza, Isabel I a confinou en varios castelos e palacios señoriais no interior do país. Logo de dezaoito anos e medio baixo custodia, María foi declarada culpable de conspirar para asasinar á raíña inglesa en 1586. Foi decapitada ao ano seguinte no castelo de Fotheringhay.