From Wikipedia, the free encyclopedia
María de Anjou, coñecida como María de Calabria, nada en Nápoles o 6 de decembro de 1328 e finada en Nápoles o 20 de maio de 1366, foi a primeira consorte de Filipe II de Tarento, Emperador latino de Constantinopla; foi condesa de Alba e, polos matrimonios contraídos, tamén condesa de Durazzo, señora de Baux e condesa de Avelino, emperatriz titular de Constantinopla e princesa de Acaia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de maio de 1329 Nápoles |
Morte | 20 de maio de 1366 (37 anos) Nápoles |
Causa da morte | trastorno puerperal |
Lugar de sepultura | Basílica de Santa Clara (pt) |
Actividade | |
Ocupación | emperatriz consorte |
Outro | |
Título | Raíña |
Familia | Casa de Anjou-Sicilia |
Cónxuxe | Filipe II de Tarento (1355, 1355 (Gregoriano)–1366) Robert of Baux (1348 (Gregoriano)–) Charles, Duke of Durazzo (1343, 1343 (Gregoriano)–1348) |
Fillos | Joanna, Duchess of Durazzo (en) () Charles, Duke of Durazzo (en) Inés de Durazzo () Charles, Duke of Durazzo (en) Margarida de Durazzo (pt) () Charles, Duke of Durazzo (en) |
Pais | Carlos de Calabria e María de Valois |
Irmáns | Xoana I de Nápoles e Charles Martel (mul) |
María era a quinta filla e póstuma de Carlos de Calabria (1298-1328) (fillo máis vello do rei Roberto o Prudente), e da súa segunda esposa María de Valois (1309-1332) (irmá do rei Filipe VI de Francia). Naceu aproximadamente seis meses despois da morte do seu pai, o 9 de novembro de 1328[1]. No momento do seu nacemento, das súas tres irmás máis vellas e dun irmán, só Xoana, nada en marzo de 1328, estaba viva. Dous anos máis tarde, o 23 de outubro de 1331, María de Valois morreu durante unha peregrinación a Bari, deixando orfas a María e á súa irmá máis vella (agora herdeira do trono de Nápoles)[2]. Ambas foron criadas na corte do seu avó paterno, o rei Roberto, en Nápoles.
Por unha bula datada o 30 de xuño de 1332, o Papa Xoán XXII decretou oficialmente que María e a súa irmá máis vella casarían cos fillos do rei de Hungría, Carlos Roberto: Xoana foi comprometida con André, mentres que María foi destinada ao seu irmán máis vello e herdeiro do trono húngaro, Lois; porén, este compromiso fíxose baixo a condición que se Xoana morría antes de que o seu matrimonio puidese ser consumado, entón María casaría con André[3]. Desta maneira, o rei Roberto quería reconciliar a súa liña de sangue cos descendentes do seu irmán máis vello, privado da coroa de Nápoles ao seu favor.
O rei morreu o 20 de xaneiro de 1343. Polas disposicións da súa vontade, a súa irmá máis vella Xoana converteuse no gobernante de Nápoles, mentres que a María non só se lle deu o condado de Alba e unha vasta herdanza[4], senón tamén se confirmou o seu compromiso co príncipe Lois de Hungría, ou no caso de que esta unión nunca se levase a cabo, o rei instruíu entón que ela podería casar con Xoán, duque de Normandía, herdeiro do trono francés (aínda que el estaba xa casado desde 1332)[5].
Con todo, pouco despois da morte do seu avó, María foi secuestrada por Inés de Périgord, viúva de Xoán, duque de Durazzo. Inés arranxou o matrimonio de María co seu fillo, Carlos, duque de Durazzo. O matrimonio tivo lugar o 21 de abril de 1343, a noiva de case catorce anos e o noivo de vinte. Tiveron cinco fillos:
Carlos e María encabezaron unha facción que se opuña á raíña Xoana e ao seu segundo marido, Lois de Tarento. Fronte á invasión de Lois I de Hungría, que chegou ao reino para vingar a morte do irmán, Xoana e Lois fuxiron: o 15 de xaneiro de 1348, Carlos foi nomeado tenente xeneral e gobernador do Reino de Nápoles, aparentemente vira a oportunidade de reclamar o poder na súa ausencia. Pero foi capturado por Lois nas proximidades de Aversa o 23 de xaneiro de 1348: considerado como responsábel da morte de André, foi axustizado por decapitación fronte á Igrexa de San Pietro a Maiella. O seu período de poder durou menos dunha semana e María converteuse en viúva con só 19 anos.
Coa morte de Carlos, María fuxiu a Aviñón. Buscou refuxio na corte do Papa Clemente VI. En 1348, a Peste negra chegou á Península itálica, obrigando ao rei de Hungría e á maioría do seu exército a retirarse á súa patria coa esperanza de escapar da propagación da epidemia. María regresou a Nápoles e estableceuse no Castel dell'Ovo. Segundo a Crónica partenopea, os príncipes napolitanos que o rei Lois de Hungría encarcerara durante a súa primeira campaña no sur de Italia propuxéronlle casar con María, a súa anterior noiva. Durante o cerco de Aversa no verán de 1350, Lois atopouse co seu enviado en Trentola-Ducenta e aceptáronse as capitulacións do seu matrimonio. Con todo, antes de que o matrimonio puidese ter lugar, foi secuestrada de novo, esta vez por Hugo IV, señor de Baux e conde de Avelino, que obrigou a María a casar co seu fillo máis vello e herdeiro, Roberto[6]. Non tiveron fillos.
Hugo IV foi asasinado por orde do cuñado de María, Lois de Tarento, en 1351. Dous anos máis tarde (1353), María foi finalmente rescatada polo rei Lois de Hungría, pero o seu esposo Roberto foi capturado e encarcerado por Lois de Tarento en Castel dell'Ovo, onde foi asasinado polas súas ordes. Ao parecer, foi testemuña do asasinato de primeira man[7].
Pouco despois da morte do seu segundo esposo, María foi novamente encarcerada, esta vez por Lois de Tarento, e foi liberada só despois do seu matrimonio, en abril de 1355, con Filipe II de Tarento, o irmán máis novo de Lois. Tiveron cinco fillos, todos os cales morreron novos[8][9]:
No seu testamento, Roberto de Nápoles nomeou a María herdeira do reino de Nápoles no caso de que Xoana I morrese sen fillos. Cando María morreu en 1366, as súas pretensións pasaron ás súas tres fillas sobreviventes, das cales o marido da terceira reclamou finalmente o trono de Nápoles en 1382 como Carlos III[10]. María morreu aos 37 anos, probabelmente por complicacións de parto, e foi enterrada na Basílica de Santa Clara en Nápoles.
16. Carlos I de Nápoles | ||||||||||||||||
8. Carlos II de Nápoles | ||||||||||||||||
17. Beatriz da Provenza | ||||||||||||||||
4. Roberto I de Nápoles | ||||||||||||||||
18. Estevo V de Hungría | ||||||||||||||||
9. María de Hungría | ||||||||||||||||
19. Isabel a Cumana | ||||||||||||||||
2. Carlos, Duque de Calabria | ||||||||||||||||
20. Xaime I de Aragón | ||||||||||||||||
10. Pedro III de Aragón | ||||||||||||||||
21. Violante de Hungría | ||||||||||||||||
5. Violante de Aragón e Sicilia | ||||||||||||||||
22. Manfredo de Sicilia | ||||||||||||||||
11. Constanza de Sicilia | ||||||||||||||||
23. Beatriz de Savoia | ||||||||||||||||
1. María de Calabria | ||||||||||||||||
24. Lois IX de Francia | ||||||||||||||||
12. Filipe III de Francia | ||||||||||||||||
25. Margarida da Provenza | ||||||||||||||||
6. Carlos, conde de Valois | ||||||||||||||||
26. Xaime I de Aragón (=20) | ||||||||||||||||
13. Isabel de Aragón | ||||||||||||||||
27. Violante de Hungría (=21) | ||||||||||||||||
3. María de Valois | ||||||||||||||||
28. Guy III, Conde de Saint-Pol | ||||||||||||||||
14. Guy IV, Conde de Saint-Pol | ||||||||||||||||
29. Matilde de Brabante, Condesa de Artois | ||||||||||||||||
7. Mahaut de Châtillon-Saint Pol | ||||||||||||||||
30. Xoán II da Bretaña | ||||||||||||||||
15. María da Bretaña, Condesa de Saint-Pol | ||||||||||||||||
31. Beatriz de Inglaterra | ||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.