Manfredo de Hohenstaufen

rei de Sicilia From Wikipedia, the free encyclopedia

Manfredo de Hohenstaufen
Remove ads

Manfredo de Hohenstaufen, ou Manfredo de Sicilia, nado en 1232 en Venosa (Basilicata) e finado o 26 de febreiro de 1266 en Benevento (Campania), foi rei de Sicilia, o último soberano suabo deste Reino. Era fillo ilexítimo de Frederico II Hohenstaufen, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e Bianca Lancia, ou Lanzia. Foi rexente de seu sobriño Conradino en 1254, e máis tarde rei de Sicilia de 1258. Morreu durante a batalla de Benevento, derrotado polas tropas francesas de Carlos de Anjou.

Está indisolubelmente ligado á cidade de Manfredonia, na Puglia, que fundou o día de san Xurxo de 1256 e que lle deu o seu nome como signo de prestixio e poder.

que probabelmente casou co emperador pouco antes da morte deste.[1]

Remove ads

Traxectoria

Manfredo naceu e viviu a súa infancia en Venosa,[2] cidade da Basilicata. Era fillo ilexítimo do emperador do Sacro Imperio Frederico II Hohenstaufen, e Bianca Lancia.[3] que casou co emperador só un pouco antes da súa morte e, polo tanto, plenamente lexitgimado, a pesar de que a Curia romana Curia descoñecese ese vínculo matrimonial, movida polo seu profundo odio cara á casa de Hohenstaufen.

O futuro rei estudou en París e Boloña, e de seu pai aprendeu o amor á poesía e á ciencia, amor que mantivo como rei. Dise que o emperador tiña unha particular predilección entre todos os seus fillos por Manfredi e por Enzo, ambos os dous nacidos de relacióes extraconxugais.

Frederico consideraba a Manfredo como fillo lexgítimo, e por iso nomeouno príncipe de Taranto con outros feudos menores; nomeouno tamén o seu lugartenente en Italia, en particular a do Reino de Sicilia, até que chegara o herdeiro lexítimo, o medio irmán de Manfredo, Conrado IV de Hohenstaufen, Rei de romanos, que naquel momento estaba ocupado en Alemaña. Aínda que Palermo era a capital do seu Reino, Manfredo preferiu como morada o castelo de Lagopesole, cuxa construción fora comezada polos seus antepasados normandos, e que foi terminada polo seu pai.[4]

Aínda que daquela Manfredo só tiña dezaoito anos de idade, acatou con fidelidade o que lle encomendara seu pai e, cando Conrado viaxou a Italia meridional en 1252, a súa autoridade foi rápida e xeralmente recoñecida.

Cando Conrado morreu en maio de 1254, Manfredo, despois de rexeitar entregarlle o Reino de Sicilia ao papa Inocencio IV, aceptou a rexencia de Conradino, o xove fillo de Conrado.

Pero en 1258, tras facer correr o rumor da morte de Conradino, asumiu o poder como rei de Sicilia, sendo coroado en Palermo o 10 de agosto daquel mesmo ano. O rumor era infundado, pero o novo rei, sustentado polo pobo, non abdicou a pasar das presións dos enviados de Conrado V. Porén, ante a forza dos partidarios do papa no reino de Sicilia volveu tomar a posición de rexente, e abriu negociacións co papa Inocencio e, por un tratado asinado en setembro de 1254, a Puglia pasou a estar baixo a autoridade papal.

Thumb
Moeda de ouro de catro taris,[5] do reinado de Manfreedo.

Máis adiante o papa Alexandre IV, a quen a alianza que tiña Manfredo cos árabes lle parecía unha grande ofensa á relixión cristiá, declarou nula a súa coroación e ademais excomungouno. Manfredo organizou entón unha coalición coa Italia central e setentrional contra o papado. Así, xunto aos xibelinos de Siena derrotou aos güelfos de Florencia o 4 de setembro de 1260. Os florentinos recoñeceron a Manfredo como protector da Toscana.

Despois, o novo papa, Urbano IV, solicitou a axuda de Carlos I de Anjou, irmán do rei Lois IX de Francia, ofrecéndolle a coroa de Sicilia a cambio de que expulsase a Manfredo dos territorios do papado no sur de Italia. Manfredo, vista a alianza, publicou o Manifesto aos Romanos no que reclamaba a autoridade, xa non só sobre Italia, senón tamén sobre todo o Sacro Imperio.

O 26 de febreiro de 1266, na batalla de Benevento, Manfredo foi derrotado e morto polas tropas francesas. Carlos de Anjou foi coroado rei de Sicilia en Roma nese mesmo ano, poñendo así fin ao dominio deste reino pola casa de Hohenstaufen e inaugurando a dinastía Anxevina.

Remove ads

Matrimonios e descendencia

A primeira muller de Manfredo foi Beatriz de Savoia, filla do conde Amadeu IV de Savoia e Margarida de Borgoña, a finais de 1248 ou principios de 1249, a data é incerta.[6] Manfredo e Beatriz tiveron unha filla:

Casou en segundas nupcias con Helena Ducas, filla de Miguel II Comneno Ducas, déspota de Epiro. Tiveron os seguintes fillos:

  • Beatriz de Sicilia (1258 - antes de 1307) casada, en primeiro lugar, con Rainer Gherardesca, e en segundas nupcias con Manfredo IV de Saluzzo.
  • Frederico de Sicilia (1259 - última mención en vida en 1312).
  • Henrique de Sicilia (1260 - 31 de outubro de 1318).
  • Enzo de Sicilia (1261 - 1301).
  • Flordelis de Sicilia (1266 - última mención en vida en 1297).
Predecesor:
Conrado II (Conradino)

Rei de Sicilia

1258-1266
Sucesor:
Carlos de Anjou
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads