Matsuo Basho
poeta xaponés do período Edo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Matsuo Bashō (松尾 芭蕉?), nado como Matsuo Kinsaku (松尾 金作?) preto da vila de Ueno (actual cidade de Iga), na provincia de Iga (actual prefectura de Mie) en 1644 e finado en Osaka o 28 de novembro de 1694, foi un poeta xaponés do período Edo, coñecido principalmente polo xénero de poemas curtos chamados haiku. Tamén é coñecido como Matsuo Chūemon Munefusa (松尾 忠右衛門 宗房?).[1][2]
Nome orixinal | (ja) 松尾芭蕉 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ja) 金作 1644 Bashō's birth house (Shogunato Tokugawa) |
Morte | 28 de novembro de 1694 (49/50 anos) Midōsuji (Shogunato Tokugawa) |
Lugar de sepultura | Gichū-ji (en) |
Datos persoais | |
Residencia | Sekiguchi Bashōan (en) Genjū-an (en) Bashō's birth house (en) |
País de nacionalidade | Xapón |
Actividade | |
Lugar de traballo | Edo |
Ocupación | poeta , escritor |
Empregador | Sengin (en) |
Xénero artístico | Haikai |
Movemento | Shōfū haikai (en) |
Profesores | Kitamura Kigin (en) |
Alumnos | Takarai Kikaku../... 25+ (en) |
Pseudónimo literario | 甚七郎 甚四郎 俳聖 |
Lingua | Lingua xaponesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Durante a súa vida, Bashō foi recoñecido polo seu traballo na forma colaborativa haikai no renga; hoxe, é considerado un gran mestre do haiku (daquela chamado hokku). A súa poesía ten sona internacional, e no Xapón moitos dos seus poemas son reproducidos en monumentos e lugares tradicionais. Porén, Bashō é máis famoso en occidente polo seu hokku, que el mesmo cría o seu mellor traballo, e por participar no renku. Nunha cita súa dicía, “Moitos dos meus seguidores poden escribir hokku tan ben coma min. Onde amoso realmente quen son é unindo versos haikai.”[3]
Bashō comezou na poesía sendo moi novo, e despois de integrarse a si mesmo na escena intelectual de Edo (moderna Toquio), converteuse axiña nunha persoa moi coñecida en todo o Xapón. Traballou como mestre, pero renunciou ó contacto social cos círculos da literatura e da vida urbana. Adoitaba viaxar por todo o país para conseguir a inspiración que precisaba para escribir. Os seus poemas están influenciados polas experiencias de primeira man do mundo que o rodeaba, engaiolando o sentir dun momento cuns poucos elementos sinxelos.