Mesquita de Al-Aqsa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Mesquita de Al-Aqsa (árabe: ٱلْـمَـسْـجِـد الْاَقْـصَى [Al-Masyid Al-Aqsa]), "a Mesquita máis afastada") é o terceiro lugar máis sagrado do islam e está situado na Chaira das Mesquitas da Cidade Vella de Xerusalén. Os musulmáns cren que Mahoma foi transportado desde a Mesquita Sagrada na Meca a al-Aqsa durante a Noite da Viaxe. Segundo a tradición islámica Mahoma estivo orando neste lugar ata o 17 de mes despois da súa migración da Meca a Medina, cando Alá (árabe: الله, Deus) dirixiuse a el para que se volvera cara a Kaaba na Meca.
Mesquita de Al-Aqsa | |
---|---|
A Mesquita de Al-Asqa | |
Datos xerais | |
País | Palestina |
Rexión | Oriente Medio |
Tipo | Mesquita |
Localización | Cidade vella de Xerusalén |
Coordenadas | 31°46′34″N 35°14′09″L |
Catalogación | Patrimonio da Humanidade (1981, en conxunto coa cidade vella) |
Culto | |
Culto | Islam |
Arquitectura | |
Construción | 705 |
Estilo | Islámico |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A mesquita orixinal foi un pequeno lugar de oración erixido polo Omar, o segundo califa ortodoxo, pero foi reconstruída e ampliada polo califa omeia Abd al-Malik e rematada polo seu fillo al-Walid no ano 705. A mesquita quedou totalmente destruída por mor dun terremoto no ano 746 e foi reconstruída de novo polo califa abbásida al-Mansur no 754. No ano 780 foi reconstruída de novo. Máis adiante, no 1033 a mesquita volveu a quedar destruída tras un terremoto, e dous anos máis tarde o califa fatimí Ali az-Zahir construíu a nova mesquita que é a que chegou ata os nosos días. Os mosaicos do arco ao final da nave tamén se remontan a este período.
Durante as renovacións periódicas que se levaron a cabo, as distintas dinastías reinantes do califato islámico engadiron ampliacións á mesquita e os seus recintos, como a súa cúpula, fachada, o seu minbar (árabe: مِـنـۢبَـر), minaretes e a estrutura interior. Cando os cruzados conquistaron Xerusalén no 1099, utilizaron a mesquita como palacio e a Cúpula da Rocha como igrexa, manténdose esa situación ata a reconquista musulmá por parte de Saladino no ano 1187. Nos seguintes séculos os diferentes gobernantes[lower-alpha 1] levaron a cabo varias renovacións, reparacións e ampliacións. A 2024 a Cidade vella está baixo control do Estado de Israel, pero a mesquita permanece baixo a administración do Waqf islámico xordano/palestino (árabe: وَقْـف).