Meteoroloxía
From Wikipedia, the free encyclopedia
A meteoroloxía (do grego μετέωρο, meteoro, "partículas en suspensión no alto do ceo" e λόγος, logos, "coñecemento, discurso") é unha ciencia de tipo interdisciplinar que parte da física, da química e da matemática para estudar o clima e os fenómenos atmosféricos, tales como as nubes, as depresións e as precipitacións, para comprender como se forman e evolucionan.
A meteoroloxía é unha disciplina que utiliza principalmente a mecánica dos fluídos, aplicada ó aire, pero tamén outras ramas da física, así como da química e a matemática.
O día 23 de marzo celébrase o Día Meteorolóxico Mundial, para conmemorar a entrada en vixencia, en 1950, da Organización Meteorolóxica Mundial [1].