numismático do Reino Unido From Wikipedia, the free encyclopedia
David Michael Metcalf, nado en Newcastle o 8 de maio de 1933 e finado o 25 de outubro de 2018, foi un numismático do Reino Unido vinculado á Universidade de Oxford, especializado na moeda medieval, do Imperio Bizantino, dos Estados cruzados e dos Balcáns.[1][2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de maio de 1933 Newcastle, Australia (pt) |
Morte | 25 de outubro de 2018 (85 anos) |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
29º Presidente da Real Sociedade Numismática | |
1994 – 1999 ← Theodore V. Buttrey – Harold B. Mattingly → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | - Universidade de Cambridge - Universidade de Oxford |
Q89547790 | Estudos de moeda medieval, bizantina e dos Estados cruzados. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | profesor universitario , conservador , medievalista , numismático , coleccionista |
Empregador | Universidade de Oxford |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios | |
· (1955): Premio Parkes Weber (RNS). · (1983) Medalla Sanford Saltus (BNS). · (1985): Premio literario AINP. · (1987) Medalla da Royal Numismatic Society. · (1991) Medalla Huntington, da ANS. · (2008) Premio Meshorer. · (2008) Premio Derek Allen (BA). · (2009) Medalla Gunnar Holst | |
Lista
|
O seu pai, Thomas Metcalf, fora un ministro metodista, e a súa nai, Gladys Moore, exercera como mestra. A familia procedía de Yorkshire, aínda que tiña un carácter moi itinerante por mor da dedicación do seu pai, motivo polo que Michael naceu en Newcastle.[3]
Metcalf estudou Xeografía na Universidade de Cambridge, onde posteriormente obtivo o seu doutoramento baixo a dirección de Philip Grierson, cunha tese acerca da circulación monetaria nos Balcáns de 820 a 1355, que foi publicada en 1965.[1]
Posteriormente, traballou na Sala de Moedas Heberden do Museo Ashmolean, da Universidade de Oxford, á que chegou da man de Humphrey Sutherland. Alí exerceu inicialmente como conservador axudante, a partir de 1971, e entre 1982 e 1988 chegou a ser o director dese importante gabinete numismático.[1][4]
Paralelamente, foi nomeado profesor de Numismática desa mesma Universidade (Wolfson College) en 1996, posto no que se mantivo ata a súa xubilación en 1998, cando foi nomeado profesor emérito.[3][5]
Entre 1994 e 1999 exerceu a presidencia da Real Sociedade Numismática de Londres, de cuxo órgano de expresión, Numismatic Chronicle, foi director.[6] En 2007 foi nomeado membro de honra desa sociedade científica.[7][8]
A obra numismática de Metcalf é moi abundante, tanto en artigos publicados en revistas especializadas como en libros acerca de temas numismáticos. Esta é unha selección das súas obras máis significativas:[18][19]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.