político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Miguel Arias Cañete, nado en Madrid [1] o 24 de febreiro de 1950, é un político español membro do Partido Popular[2] e Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do Goberno de España desde o 22 de decembro de 2011.[3] O 9 de abril de 2014 foi seleccionado polo seu partido para encabezar a lista electoral ao Parlamento Europeo.[4] Anteriormente xa ocupara ese mesmo cargo entre os anos 2000 e 2004.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Nacido en Madrid en 1950, é o maior dos fillos de Alfonso Arias de La Cuesta e de Herminia Cañete Tudela. Estudou nos xesuítas de Chamartín. En 1971 licenciouse en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, tras o cal preparou unha oposición para optar a unha praza de avogado do Estado, a que conseguiu en 1974, e na que traballou durante catro anos nas delegacións de Facenda de Xerez da Fronteira e Cádiz. En 1978 abandonou a administración pública para dedicarse á docencia como profesor na Facultade de Dereito de Xerez da Fronteira, ata que comezou a súa actividade política en 1982, da man de Alianza Popular.
Casado con Micaela Domecq e Solís-Beaumont, novena filla de Juan Pedro Domecq Díez e de Matilde de Solís-Beaumont e Atienza (filla dos marqueses de Valencina), coa que ten tres fillos. Foi, xa que logo, cuñado do gandeiro Juan Pedro Domecq. Este irmán da súa esposa, ata o seu falecemento en 2011, estaba casado coa condesa do Asalto, María Teresa Morenés y Urquijo, que é curmá doutro ministro do goberno de Mariano Rajoy, Pedro Morenés.
Membro de Alianza Popular, foi parlamentario autonómico andaluz entre 1982 e 1986. Foi senador nas lexislaturas V e VII pola circunscrición de Cádiz. Membro do Parlamento Europeo entre 1986 e 1999, período durante o cal foi presidente das comisións de Agricultura e de Política Rexional. Nas eleccións locais de 1995, foi elixido concelleira de Cádiz, permanecendo no Concello ata 2000. En devandito ano foi nomeado ministro de Agricultura e Pesca por José María Aznar, permanecendo no cargo ata o seu cesamento tralas eleccións xerais de 2004, sendo elixido deputado por Cádiz. Tamén en 2004 foi nomeado ademais secretario de economía do PP.
Foi deputado por Madrid no Congreso dos Deputados dentro do Grupo Popular, presidindo a comisión parlamentaria mixta para a Unión Europea. No XVI Congreso Nacional do PP acaecido en Valencia foi elixido presidente do comité electoral nacional do partido. Nas eleccións xerais de 2011 foi de novo elixido deputado por Madrid.
O 22 de decembro de 2011 Mariano Rajoy nomeouno Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do Goberno de España. Ás dúas semanas de tomar posesión do cargo anunciou que ía propoñer unha reforma "moi profunda" da Lei de Costas, unha lei que o anterior goberno do Partido Popular de José María Aznar aplicou mentres estivo no poder (e do que Arias Cañete formou parte), para autorizar novos usos na primeira liña da costa e así "poñer en valor" o litoral, ademais de prorrogar as concesións xa existentes. Entre as súas principais actuacións estes dous anos destaca a aplicación en España da Política Agrícola Común ( PAC). Cañete destacou os 47.000 millóns de euros conseguidos por España para o período 2014-2020 e subliñou que o modelo de aplicación da PAC permitirá a todos os sectores agrarios e gandeiros seguir sendo competitivos.
Ademais, Cañete impulsou o proxecto de mellora da cadea alimentaria e a norma de calidade dos produtos ibéricos, que é unha aposta pola calidade, a transparencia e a información aos consumidores.
Tamén aprobou o acordo pesqueiro UE-Marrocos, que permitirá que a frota española volva a faenar nesas augas nos próximos meses. En materia de Medio Ambiente, destaca a súa reforma da Lei de Costas, unha norma que, segundo o ministro, resolve a "maior parte" dos problemas pendentes que tiña España na materia.
Na primavera de 2014 cesou como ministro para liderar a candidatura do PP ás eleccións europeas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.