Miguel Díaz-Canel
Presidente do Consello de Estado e de Ministros de Cuba / From Wikipedia, the free encyclopedia
Miguel Mario Díaz-Canel Bermúdez, nado en Placetas, Cuba, o 20 de abril de 1960, é un político, enxeñeiro e profesor universitario cubano. É o presidente do Consello de Estado de Cuba e presidente do Consello de Ministros desde o 19 de abril de 2018.[1] É o primeiro dirixente cubano nado despois da Revolución cubana que alcanzou devanditos postos.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Membro do Buró Político do Partido Comunista de Cuba (PCC) desde 1997, foi primeiro secretario do PCC nas provincias de Vila Clara (1994-2003) e Holguín (2003-2009). Foi ademais ministro de Educación Superior de 2009 a 2012 así como vicepresidente do Consello de Ministros entre 2012 e 2013.